Mercedes Rosón e Mila Castro saíron este xoves ao paso a través dun vídeo difundido a través das redes sociais do Grupo Municipal Socialista logo de facerse pública unha carta da cidadanía subscrita por máis de 500 persoas en apoio aos concelleiros do grupo. Rosón asegurou estar “agradecida polo apoio e emocionada” ante as mensaxes recibidas por, asegura, “xente querida e respectada por todas nós”.
A edil socialista destacou a “valentía” dalgunhas persoas que “dan un paso á fronte” asinando ese escrito para, di, “alzar a voz ante esta situación que cremos que é inxusta”. Insiste ademais en que esta situación “non se pode xustificar en incumprimento de ningún tipo” e defende que “quen usa ese argumento, sabe que falta a verdade”.
Mila Castro tamén quixo agradecer “aos centos de veciñas e veciños anónimos” que teñen trasladado o seu apoio aos concelleiros “atrevéndose a poñer o seu nome ao carón do noso”. Neste senKdo, Castro raKficou que a resposta dos catro edís será “seguir traballando con lealdade, coherencia e responsabilidade”.