Levaba moito tempo buscando un lugar onde compartir a súa paixón. En xaneiro, despois dunha intensa exploración pola cidade, Michelle Volpe (Maracaibo, Venezuela) atopou na rúa do Cotaredo, preto de Fontiñas, ese espazo no que hoxe se respiran aromas ancestrais.
Michelle é ceramista, aínda que inicialmente estudou arquitectura e traballou de delineante en Suiza, a onde se mudara co seu home, de orixe galega. Nese país comezou a fraguarse o seu interese na cerámica, asistindo a clases de torno. A vida quixo que tiveran que trasladarse a Suráfrica por motivos laborais da súa parella, e alí rematou de consolidarse o seu amor pola arte.
No país africano Michelle non podía traballar, por considerarse que o seu oficio podía ser desempeñado de mellor forma polos locais e non por unha muller estranxeira. Ante esa situación, decidiu buscar algo co que ocupar o seu tempo, e a ela volveron as aulas que tomara en Europa. Inscribiuse en talleres de cerámica e, co tempo, comprou o seu propio torno e comezou a elaborar as súas pezas na casa.
Tiña claro que cando volvese a España o primeiro que faría sería matricularse nun ciclo superior de cerámica. Así o fixo, primeiro en Huelva e, ao ano seguinte, na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, onde se gradou cun premio extraordinario. Ía todos os días desde Santiago, onde vivía e traballaba o seu home, ata Lugo por amor á cerámica.
Unha vez graduada iniciou esa intensa busca en Compostela por atopar o local ideal onde poder ela, por si mesma, transmitir os seus coñecementos e paixón por unha arte que sempre estivo nela malia agromar recentemente.
Interesáballe a rúa de San Pedro, por ser emprazamento para tantos artesáns de diverso tipo, pero non é fácil, na zona histórica, achar un lugar acondicionado para a práctica da cerámica, na que se empregan fornos que precisan de saídas para o fume. Tras unha intensa exploración, asentouse no número 4 da rúa do Cotaredo.
No pouco tempo que leva en activo na cidade, o obradoiro de Michelle, que ela bautiza como La Volpe Cerámica, ten xa unha trintena de alumnos fieis. Ofrece clases de dúas horas semanais con capacidade limitada a entre seis e oito persoas para asegurar unha atención personalizada a cada asistente. Nas fins de semana, a maiores, organiza talleres específicos: unha xornada para elaborar unha táboa de aperitivos, cuncas… que están pensados para finalizar a peza no propio día.
As aulas ordinarias están titorizadas e adáptanse a cada alumno, pois cada persoa é libre de elixir que proxecto quere levar a cabo. Michelle asesora coas técnicas, que poden ser de diferente tipo. O belisco é unha arte antiga, de iniciación, que consiste en ir sentindo o espesor da arxila para darlle forma. Tamén está a prancha, que emprega un rolo e listóns para o mesmo fin. O modelado, pola súa parte, é semellante ao traballo que fan os escultores, baséase en quitar materia.
A maiores pode empregarse o torno, mais é probablemente o sistema máis complexo: “requiere mucho entrenamiento, es unha lucha constante entre el torno y tú en la que el torno siempre va a ganar. No hay que rendirse”, explica Michelle, que recoñece que lle encanta traballar con esta máquina.
A cerámica require paciencia, mais é unha actividade satisfactoria á par que útil. Para Michelle é coma “volver a tus raíces, porque estás en contacto con la tierra y sus elementos, reconectas con la naturaleza, el aquí y el ahora y, además, es un medio del que de la nada puedes crear cualquier cosa”.
Por iso é unha persoa comprometida co valor das obras que se crean no seu taller: “les digo a mis alumnos que tienen que pensar que lo que hacen es para la vida eterna. Con la cerámica descubrimos nuestra historia, por lo que lo que hagamos hoy perdurará para siempre. Tenemos que hacerlo bien y que aporte algo bonito al mundo”.
Lo que hacemos es para la vida eterna. Con la cerámica hemos descubierto parte de nuestra historia, por lo que lo que hagamos hoy perdurará para siempre
Di Michelle que nalgún lado seu que “practicar cualquier arte añade siete años de vida”. Ela así o pensa, para ela é un oficio gratificante que recomenda a todo o mundo para desconectar xa que “vas a ralentizar el tiempo y hacer proyectos propios con tus manos, y eso llena de orgullo”.
“Aquí venimos a trabajar la paciencia y el desapego, porque los procesos son lentos y no podemos marcar el ritmo, si no que es la arcilla la que nos dicta el ritmo a nosotros”, explica. A arxila debe pasar por un proceso de cocción lenta, dunhas oito horas, para converterse en cerámica.
Aquí venimos a trabajar la paciencia y el desapego, porque los procesos son lentos y no podemos marcar el ritmo, si no que es la arcilla la que nos dicta el ritmo a nosotros
Por moito empeño que un lle poña a unha peza, o certo é que no forno o acabado pode resultar moi diferente ao agardado, xa que interveñen outros axentes como o tipo de arxila, mesmamente.
En Galicia comercialízase un tipo de arxila moi boa e resistente porque acada altas temperaturas. Dependendo da finalidade, empregarase dun tipo ou doutro. A cantidade de ferro é a que determina a súa cor e, por tanto, o esmaltado final. En La Volpe o alumnado non ten que traer o material, senón que o taller dispón de todo o necesario, incluídos os minerais e outras pinturas para decorar as pezas.
Coa arxila pódense crear infinidade de proxectos, desde os máis funcionais ata pezas decorativas. Michelle destina algunhas á venda e outras decoran os estantes do seu taller enchéndoo de vida e cor.
Ela dedícase á cerámica porque a enche por dentro. Os seus coñecementos de arquitectura permítense estudar e deseñar cada peza con coidado e perfección, mais tamén con cariño. Non imaxina unha vida sen as mans impregnadas de arxila. A paixón é tan grande que logra entregarse en corpo e alma a un oficio do que nunca, espera, se separará. Como ela di: “no hago cerámica, mis manos, mi cabeza y mi corazón dan vida a la arcilla inanimada”.