Así foi a histórica ronda de Mondra na Capitol

Así foi a histórica ronda de Mondra na Capitol
Mondra, durante o seu concerto | Eladio Lois

A Sala Capitol acolleu esta pasada fin de semana a presentación do segundo traballo discográfico de Mondra. O artista picheleiro subiu ao escenario cunha posta en extremadamente coidada e unha idea ben clara: levar a todos os asistentes DE RONDA.

 

 

 

O público, expectante desde a apertura de portas, recibiu os primeiros acordes de Teño caldo quente con entusiasmo, creando unha conexión instantánea co artista. A partir de aí, Mondra foi debullando un repertorio no que destacaron temas como SACOdePULGAS, viva viva, por te ver e beijos de LK, que marcaron os primeiros compases dunha noite que xa apuntaba maneiras.

 

Un dos momentos máis especiais da noite chegou coas colaboracións. A entrada das integrantes de Lina e Lola no escenario supuxo un cambio de atmosfera, engadindo un toque de complicidade. Pola súa banda, Antía Ameixeiras subiu para poñer voz a ventilar o cuarto e configurar un dos momentos máis emotivos da noite. O clímax das colaboracións chegou con Fillas de Cassandra, coas que interpretou PUNHETA!, un tema que, lonxe de perder forza, gañou en contundencia ao ser interpretado ao vivo, poñendo a saltar a toda a sala.

 

A banda, formada por Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro, mantivo o pulso da noite, con arranxos coidados e unha execución precisa. Os bailaríns Sabela Domínguez e Jandros Rodríguez completaron unha posta en escena que reforzou a narrativa musical de Mondra, dando movemento e expresión aos temas interpretados.

 

O concerto avanzou áxil e sen fisuras, coa setlist desenvolvéndose de maneira fluída. Temas como TRōUPELE ou férveme o cu sucedéronse, deixando momentos de intensidade e complicidade entre o artista e o público. No tramo final, pezas como MARIMONDRA e vale máis un canciño puxeron o broche de ouro a un directo que rematou cun entregado Mondra agradecendo o imprescindible apoio do seu equipo.

Así foi a histórica ronda de Mondra na Capitol

Te puede interesar