Música, poesía e natureza na segunda xornada da Festa do Banquete de Conxo

As celebracións da V edición da Festa do Banquete traerán mañá roteiros para achegarse ao noso patrimonio verde, a Carreira da Orientación, un concerto dos coros e orfeóns de varios barrios e parroquias e a Festa de Poesía
Música, poesía e natureza na segunda xornada da Festa do Banquete de Conxo

Hoxe será a quenda do taller de observación de aves cuxo punto de encontro será a lagoa de Cornes ás 09:30 e ás 11:30 horas. A bióloga e experta en fauna Rosa Fernández, acompañará un grupo máximo 10 persoas por quenda con idade mínima de 8 anos. Será preciso levar prismáticos e non se permiten animais de compañía. A inscrición farase por orde de solicitude a través do correo electrónico observacionaves@santiagodecompostela.gal.

A partir das 10 e das 11 horas, o programa ofrece o Taller de baños de bosque para un grupo máximo 16 persoas por quenda con idade mínima de 18 anos. Dirixido por Merche Palomino, Coach corporal, guía de baños de bosque (Forest Therapy Institute) e MBSR (Mindulness Based on Stress Reduction). A inscrición será por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal.

Patricia Fernández, directora do proxecto "Restauración río Sar" guiará a partir das 11 horas a ‘Ruta dos muíños’, que inclúe visita e exhibición do funcionamento do muíño do Mourullo, no Multiúsos de Sar ás 12.00 h. O punto de partida será na entrada da senda do Sar no Túnel do Camiño Francés (O Tangueiro) e a inscrición farase a través do correo electrónico muinos@santiagodecompostela.gal.

Ademais, este ano sumarase ao programa a Carreira de Orientación da Festa do Banquete, organizada polo Departamento de Deportes e que terá lugar o sábado 25 de maio ás 11 horas con saída dende a praza Aurelio Aguirre e percorrido polo bosque do Banquete. Trátase dunha proba non competitiva, con opcións e categorías para todas as idades e niveis, e nas modalidades individual ou grupal para fomentar a participación de familias.

No marco do 5º Mercado do Libro, a praza Aurelio Aguirre tamén acollerá o sábado 25 a partir das 13 horas unha Sesión vermú amenizada polo grupo local Boa Sunet. O Mercado tamén ofrecerá unha serie de actividades en paralelo na tarde do sábado 25: unha mesa redonda sobre "Libros, mente e saúde", a actuación da compañía N+1 de circo, teatro e danza para o público infantil ou a Festa da Poesía a partir das 21 horas que reunirá no escenario grupos musicais e poetas da escena local e será conducido pola actriz, dramaturga e autora Lorena Conde.

 

Cartel do evento
Cartel do evento



Pola tarde, a partir das 19 horas terá lugar de "Canto Fraterno" na escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo que contará co Coro do propio Psiquiátrico, o Coro de Santa Susana, o Coro de Habaneras da Rocha Forte, o Coro Crecente de Voces Graves, o Coro Amigos do Castiñeiriño, o Grupo Penamaior de Marrozos e o Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar, nunha sesión que estará conducida por Manuel Abraldes, director do Coro Encaixe.

Domingo 26

A xornada central da IV Festa do Banquete de Conxo será mañá, domingo 14 de maio, que arrancará co desfile "Alá van estudantes e artesáns" que partirá da praza do Toural e percorrerá as rúas de Compostela, baixo a coordinación artística dos Quinquilláns ata chegar á praza de Conxo, onde María Luísa López Otero se encargará da lectura do pregón. A continuación a comitiva dirixirase á carballeira de Conxo, na que se fará unha representación teatral do Banquete de Conxo para dar paso ao tradicional xantar e romaría popular cos brindes de veciños e veciñas.

Pola tarde celebrarase "O serán da Fraternidade", unha foliada que estará amenizada pola música e bailes tradicionais dos Fondaos do Pífaro, Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de cantos de taberna Contedores de Recandea, Muiñeiros do Sarela e Asociación Penamaior de Marrozos. A compañía Paporrubio tamén ofrecerá o espectáculo "Transhumancia Sonora" da compañía Paporrubio que levará ao bosque do Banquete os seus animais cabezudos, acompañados de música e xogos.

Para rematar o evento, arredor das 19:30h haberá unha despedida da Festa do Banquete 2024 con discursos de Os Quinquilláns e pregón de peche a cargo da cineasta Jaione Camborda.

I Certame fotográfico

O Concello tamén lanza a primeira edición do certame fotográfico do Banquete de Conxo, no que poderá participar calquera persoa maior de 18 anos. Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar a creatividade, e poñer en valor a propia Festa do Banquete a través da fotografía. Para participar neste certame, as persoas interesadas poderán presentar as súas mellores fotografías vinculadas á celebración desde o 27 ata o 31 de maio. As imaxes gañadoras recibirán diferentes agasallos, como unha cámara de acción deportiva, unha cámara instantánea ou libros de fotografía.

Tren do Banquete de Conxo

O sábado e domingo, veciños e visitantes poderán gozar dun percorrido especial e gratuíto do tren turístico, decorado para o ocasión con motivos da Festa do Banquete de Conxo.

Os traxectos, de ida e volta, terán como punto de partida a Alameda (parada Aurelio Aguirre) e chegarán á praza de Martín Herrera (parada Rosalía de Castro) no barrio de Conxo, con prioridade de acceso para as familias con nenos, as persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época. Pódese consultar as horas de saída desde os dous puntos no programa.

Música, poesía e natureza na segunda xornada da Festa do Banquete de Conxo

Te puede interesar