O Festival de Cine Curtocircuíto presenta na súa vixésimo primeira edición unha programación musical cun cartel de espectáculos marcado pola vangarda e unha destacada nómina de artistas internacionais. As súas actuacións desenvolveranse entre o 3 e o 6 de outubro no Teatro Principal e na Sala Capitol. Con relación ás entradas, estas poñeranse á venda o vindeiro martes na web de Compostela Cultura. Os pases individuais para as proxeccións terán un prezo de catro euros, pero tamén haberá abonos para asistir ao conxunto. Neste caso, o prezo será de 20 euros.