Reclaman a limpeza da vexetación que invade os espazos públicos no barrio de Vista Alegre

Reclaman a limpeza da vexetación que invade os espazos públicos no barrio de Vista Alegre
O estado dun dos parques do barrio

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de reclamar que o goberno local proceda a limpar a vexetación que está a invadir os espazos públicos no barrio de Vista Alegre. Otero explicou que “é inexplicable a total falta de mantemento e atención dos bancos e diferentes espazos de uso público nesta zona de Compostela, onde a vexetación medra ao seu antollo, invadindo as áreas recreativas e de descanso da veciñanza”.

 

A popular indicou que a imaxe que se ofrece “é outro exemplo máis da inoperatividade do goberno nacionalista, que é completamente incapaz de levar a cabo as súas máis elementais funcións, evidenciando que o mantemento dos espazos públicos non é unha das súas prioridades”.

 

Foto 1
 

 

“A veciñanza -subliñou- ten dereito a desfrutar destes espazos en condicións saudables e o goberno municipal ten a obriga de coidalos, co fin de que sexan seguros e accesibles” e lembrou que “a biodiversidade debe ir da man de espazos de uso público que sexan unha oportunidade para mellorar o benestar e a calidade de vida e o día a día dos veciños e veciñas da nosa cidade”.

 

Otero remarcou que “a xestión do público na capital de Galicia só existe na publicidade nacionalista, pero as súas actitudes pasivas e a desatención do goberno do BNG, tradúcese no deterioro progresivo de Santiago, onde as vías e espazos públicos están a mudar a decencia polo abandono”.

 

“As veciñas e veciños de Compostela -agregou a edil popular- non merecen esta desidia por parte do seu goberno, polo que, desde o Partido Popular, continuaremos denunciando e trasladando as queixas e demandas veciñais, cargadas de razón, que non admiten escusas nin máis desleixo por parte do goberno, pois é lamentable que a nosa cidade sexa noticia por imaxes como estas da falta de atención do barrio de Vista Alegre”.

Reclaman a limpeza da vexetación que invade os espazos públicos no barrio de Vista Alegre

Te puede interesar