Santiago activa o protocolo de intervención ante neve

Santiago activa o protocolo de intervención ante neve
A praza do Obradoiro nevada, nunha foto de arquivo

Ante as baixas temperaturas previstas para os próximos días, o Concello de Santiago anunciou na tarde do mércores a activación do protocolo de intervención ante neve ou xeo. Este mecanismo permite asegurar unha resposta rápida e eficaz no caso de que sexa necesario actuar para garantir a seguridade nas estradas e vías públicas.

 

O protocolo inclúe a distribución de sal nos puntos máis críticos da cidade e nas vías con maior circulación para previr posibles conxelacións que poidan dificultar o tráfico rodado e peonil. 

 

Dende o Concello explican que se trata dunha medida preventiva, especialmente ante o descenso acusado das temperaturas que se espera nas próximas xornadas.

 

O equipo de emerxencias municipal está preparado para intervir no momento en que se detecten acumulacións de xeo ou neve que poidan supoñer un risco para a poboación. Por outra banda, recoméndaselle á cidadanía extremar as precaucións, especialmente en zonas sombrías ou pouco transitadas, onde as baixas temperaturas poderían provocar a formación de capas de xeo.

Santiago activa o protocolo de intervención ante neve

Te puede interesar