Santiago acollerá os próximos 10 e 20 de setembro o Encontro Galeusca 2025, que reúne a representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), que representan case 2.800 autoras e autores no conxunto das tres entidades.
O encontro de Galeusca supón un espazo de diálogo no que se poñen en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en temas de actualidade como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral.
Programa completo
Venres 19
- 19.15 horas. Recepción Concello de Santiago
- 20.30 horas. Roteiro por Compostela coa presenza das delegacións convidadas. Guiado por Daniel Asorey.
Sábado 20
- 11.05 horas. Apertura por representantes das tres asociacións no Museo do Pobo Galego.
- 11:20 horas. Relatorio inaugural sobre a traxectoria de Galeusca a cargo de Goizalde Landabaso, acompañada por Sebastià Portell (presidente da AELC) e Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG) no Museo do Pobo Galego.
- 11.40 horas. Acto aberto de reflexión sobre Galeusca con representantes das tres entidades, moderado por Marta Dacosta no Museo do Pobo Galego.
- 12.45 horas. Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas, con Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell no Museo do Pobo Galego.
- De 16.30 a 17.30 horas. Mesa redonda sobre literatura de tradición oral, coordinada por Antonio Reigosa. Con Oihana Arana e Amaia Elizagoien (Euskadi), Joan Borja (Catalunya), Alba María (Galiza) e Rita Sineiro (Portugal).
- De 17.30 a 17.50 horas. Lectura pública das conclusións do Galeusca 2025, por parte das tres presidencias.
- 18.00 horas. Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval na igrexa de San Domingos de Bonaval, xunto ao Panteón de Galegos Ilustres.
- De 18.30 a 20.00 horas. Acto de clausura coordinado por Lois Pérez, con improvisación entre regueifeiras (Alba María e Lupe Blanco), bertsolariak (Oihana Arana e Amaia Elizagoien) e glosadors (Miquel Àngel Adrover e Berta Llos). Peche musical con Ugia Pedreira. Todo isto na igrexa de San Domingos de Bonaval, xunto ao Panteón de Galegos Ilustres.