Santiago inicia a rehabilitación de pavimentos en seis rúas con cortes de tráfico desde o luns

As actuacións, cun orzamento de 368.420 euros, abranguen máis de 23.000 m² e obrigarán a restricións puntuais en vías como a rúa das Mulas, o Tambre ou o Castiñeiriño.
Santiago inicia a rehabilitación de pavimentos en seis rúas con cortes de tráfico desde o luns
As obras darán comezo a partir do luns

Este luns comeza a execución da rehabilitación de pavimentos en seis puntos do municipio. Estes traballos enmárcanse nos máis de 50 labores de mantemento e mellora do espazo público que a área de Servizos Básicos e Vías e Obras, que dirixe Xesús Domínguez, desevolve este verán no Concello e que abrangue actuacións de distinta intensidade. As actuacións, que inclúen o fresado e o posterior aglomerado, abranguen 23.360 m2 entre a rúa do Castiñeiriño, a rúa das Canteiras do Sar-Rúa de Mouronzón, a rúa da Muíña-Porto de Amio-Mariñeira, rúa das Mulas, rúa do Tambre e rúa dos Irmandiños. O orzamento de adxudicación ascende a 368.420 euros.

 

Concretamente, o luns 25 iniciánse os traballos na Rúa das Mulas, o que supón o corte entre o tramo entre a rúa do Tambre e o tanatorio municipal; e na Rúa do Tambre, cun corte no cruzamento coa rúa das Mulas e a vía De la Cierva. 

 

O resto dos traballos empezarán a partir do martes 26, coa continuidade doutro tramo da rúa do Tambre; a Rúa dos Irmandiños e a rúa das Canteiras de Sar-Rúa de Mouronzón, neste caso o mércores 27. 

 

O xoves 28 empezarán os traballos do Castiñeiriño, o que suporá cortes entre a travesa da Estrada e a rúa do Restollal e tamén o corte de dous dos catro carrís na rúa Restollal os días 1 e 2 de setembro. Na rúa da Muíña iniciaranse as actuacións o martes 2 e prolongaranse ata o 4 de setembro.

 

Outras actuacións en marcha

Alén destes traballos, xa se executaron outros de reparación de firme nas rúas Travesa da Estrada, Amio, Edison -no polígono do Tambre-, Vía de la Cierva, Nobel, Monte dos Postes, Sionlla de Arriba, na incorporación a Fontiñas desde a SC-20 e no acceso na mediana da rúa de Roma. 

 

Ás actuacións de mantemento de viarios urbanos que tradicionalmente se intensifican nos meses de verán para aproveitar condicións meteorolóxicas máis favorables, súmanse obras de reurbanización importantes como a que se está realizando en Puente la Reina ou a inminente de García Lorca, así como as obras do barrio verde de Pontepedriña.

 

Cortes de tráfico

  • Rúa das Mulas, tramo entre rúa do Tambre e tanatorio municipal, cortada ao tráfico o luns 25 e o martes 26 de agosto en horario de 8:00 a 19:00 h.
  • Rúa do Tambre, tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa das Mulas e a vía De la Cierva, cortada ao tráfico o luns 25 e o mércores 27 de agosto, en horario de 8:00 a 19:00 h.
  • Rúa do Tambre, tramo comprendido entre a avenida do Cruceiro da Coruña e a rúa do Río, cortada ao tráfico o martes 26 e o xoves 28 de agosto, en horario de 8:00 a 19:00 h.
  • Rúa dos Irmandiños, tramo baixada da praza de España ata o cruzamento coa rúa Camiños da Vida, cortada ao tráfico o martes 26 e o xoves 28 de agosto, en horario de 8:00 a 19:00 h.
  • Rúa da Muíña, dende o cruzamento coa rúa da Vesada, rúa do Porto de Amio e rúa da Mariñeira, quedarán cortadas ao tráfico o martes 2, mércores 3 e xoves 4 de setembro, de 8:00 a 19:00 h.
  • Rúa Canteiras do Sar, cortada ao tráfico o mércores 27, xoves 28, venres 29 de agosto e luns 1 de setembro. dende as 8:00 ata as 19:00 h.
  • Rúa da Estrada, tramo entre a travesa da Estrada e a rúa do Restollal, quedará cortadas ao tráfico o xoves 28 dende as 14:30 ata as 18:00 horas, e o venres 29 de agosto de 8:30 a 13:00 h.
  • Rúa do Restollal, os traballos executaranse os días 1 e 2 de setembro, en horario de 8:00 a 18:00 horas, afectando a dous dos catro carrís. Provocarán o corte da rúa da Estrada o día 2 de setembro.

 

Os traballos consisten en fresado do firme e o posterior aglomerado. Durante o fresado as persoas residentes poderán acceder aos seus domicilios, mentras que no momento do aglomerado a circulación non será posible. 

Santiago inicia a rehabilitación de pavimentos en seis rúas con cortes de tráfico desde o luns

Te puede interesar