Santiago inicia a reurbanización da rúa García Lorca cun investimento de máis dun millón de euros

As obras, que se prolongarán durante 16 meses e incluirán a praza de Celso Emilio Ferreiro, mellorarán a accesibilidade, a mobilidade sustentable e a calidade urbana
Santiago inicia a reurbanización da rúa García Lorca cun investimento de máis dun millón de euros
A rúa García Lorca

O Concello de Santiago pon en marcha esta semana as obras de reurbanización da rúa de García Lorca, cun investimento de 1.082.727,54 euros e un prazo de execución de 16 meses. A actuación abrangue unha superficie de máis de 9.500 metros cadrados, incluíndo a praza de Celso Emilio Ferreiro, e ten como obxectivo mellorar a accesibilidade, a mobilidade sustentable e a calidade urbana deste ámbito.

 

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, explicou que “trátase dunha intervención pensada para incrementar a calidade de vida da veciñanza, cunha aposta decidida pola accesibilidade universal, a mellora dos servizos públicos e a creación de novos espazos de convivencia”.

Santiago inicia a reurbanización da rúa García Lorca cun investimento de máis dun millón de euros

Te puede interesar