Stefani Toro, a colombiana que fai as uñas máis demandadas de Santiago

Mudouse a Compostela hai cinco anos e abriu hai dous NailArt, un establecemento na rúa da Algalia de Arriba que oferta servizos non sempre sinxelos de atopar, coma a manicura semipermanente con reforzo ou decoracións cos deseños máis personalizados
Stefani Toro, a colombiana que fai as uñas máis demandadas de Santiago
Stefani Toro

Facer as uñas está de moda. Proba diso é o crecente número de salóns que chegaron á cidade nos últimos anos, e que ofrecen variedade de tratamentos para lucir unhas mans ben coidadas e vistosas. 

 

NailArt by Stefani Toro é un dos máis novos establecementos que abriron as súas portas. Situado no casco vello de Santiago, na rúa da Algalia de Arriba, trátase do esperanzador proxecto dunha moza colombiana que chegou a España hai escasos cinco anos. Ante o abismo de verse nun novo país e sen a certeza de coñecer o seu futuro, decidiu formarse nunha disciplina que lle chamaba a atención e que puidera servirlle para ocupar o seu tempo na cidade.

 

Por iso comezou a xogar coas posibilidades que ofrecía o mundo da manicura. Durante os seus estudos iniciouse e perfeccionouse en diferentes técnicas que están entre as máis demandadas, como a das uñas acrílicas ou as de xel. 

 

Stefani descubriu moi pronto que facer uñas a apaixonaba. Tomou moi en serio a súa formación, e durante ese tempo decidiu abrir unha conta de Instagram para publicar todo o que ía aprendendo. O perfil foi coma un diario no que fixo un seguimento do seu progreso e, á par, unha carta de presentación do seu talento.

 

Á par, serviulle para buscar modelos nos que practicar e levar a cabo os proxectos do curso, persoas que se ofrecían voluntarias para que Stefani experimentase. Unha vez aprobou e recibiu o título, seguiu botando man destas persoas para mellorar a súa técnica a cambio dun prezo reducido. 

 

Nail art estudio
NailArt by Stefani Toro

 

Foi hai dous anos cando se decidiu a abrir, dunha vez por todas, o seu propio salón de uñas. O sentirse segura e ser quen de dominar o traballo animárona a dar o paso: “al principio tardaba unas cuatro horas en hacer unas uñas acrílicas y ahora las hago en hora y media. Es un ahorro de tiempo considerable que hace que ya pueda sacarle rendimiento a mi trabajo”, explica. 

 

Antes tardaba cuatro horas en hacer uñas acrílicas y ahora hora y media. Es un ahorro de tiempo que hace que ya pueda sacarle rendimiento a mi trabajo

 

Stefani e outra moza son as únicas traballadoras no negocio. Van rotando as horas ao longo do día, aínda que ás veces coinciden as dúas. Entre os servizos que ofrecen están as uñas acrílicas, soft xel, xel, semipermanentes, e semipermanentes con reforzo, un dos tratamentos que máis lles gusta aos clientes porque axudan a que as unllas partan menos. “No todos los centros ofrecen las semipermanentes con refuerzo, y yo creo que eso es algo que nos diferencia”, indica Stefani.

 

Son moitas e moi diferentes as persoas que confían en Stefani para coidar as mans. A moza confesa que a maioría son xente nova que a coñece polo boca a boca, porque “yo apenas me promocioné”. Tamén apunta que, sobre todo no verán, un dos seus principais clientes son os peregrinos que non só van facer a pedicura, tamén a manicura: “lo lógico es pensar que necesitan poner sus pies a punto, pero llevan tanto tiempo haciendo el camino que quieren mejorar su aspecto en general, por lo que no es raro que se hagan también la manicura. Hablando con compañeras peluqueras me han dicho que muchos van a peinarse y maquillarse”, explica Stefani.

 

Vienen muchos peregrinos a poner sus pies a punto, pero llevan tanto tiempo haciendo el camino que quieren mejorar su aspecto en general, no es raro que se hagan también la manicura

 

Deseños personalizados

A última tendencia da manicura está nas uñas con deseños personalizados. “Comenzó llevándose lo liso, la manicura francesa, y luego fue el salto a las uñas acrílicas por el fenómeno de Rosalía. Ahora la mayoría es diseño”.

 

Estes van desde debuxos esquemáticos ata verdadeiras obras de arte. O límite adoita estar na imaxinación dos clientes, quen normalmente chegan ao estudio de Stefani xa cunha imaxe do que queren ver plasmado. 

 

Stefani non ten claro de onde ven o furor polos deseños, mais sospeita que ten que ver coas recomendacións de influíntes. De feito, admite que moitas das súas clientas inspíranse nas uñas de Hailey Bieber, a coñecida creadora de contido e modelo. 

 

Que haxa tanta marxe para a creación tamén supón que Stefani teña que enfrontarse a verdadeiros retos: “un día vino una chica que quiso ponerse pequeñas piedras en todas sus uñas. Fue un trabajo muy laborioso que me llevó mucho tiempo. En ese momento pude hacerlo, pero otras veces hay que saber decir no”, recoñece. 

 

Nail art parede
Decorado no interior de NailArt

 

 

Ela tamén se inspira noutras manicuras e trata de estar ao tanto das últimas modas: “si veo que algo se está repitiendo mucho, yo trato de recrearlo. Siempre hay que seguir aprendiendo, porque si no te adaptas no ganas”. 

 

Un dos puntos fortes de NailArt é que se atreve con deseños que outros establecementos locais non aceptan. Ademais, explica que o negocio dos deseños “no suele salir rentable, porque lleva tiempo, pero a mí me gusta muchísimo hacerlos y además los dejo baratos”, indica. 

 

Stefani mira con optimismo ao futuro. Cre que o entusiasmo polas uñas aínda se vai manter unha longa temporada e, sobre todo, que aínda queda moito por explotar: “es curioso porque en Latinoamérica lo de las uñas hace muchos años que es algo habitual, la gente está todo el tiempo haciéndoselas. Aquí en España va todo más lento, pero poco a poco se va asentando el mismo fenómeno”. 

 

Mentres tanto aproveita para seguir formándose no seu campo e noutros afíns, con perspectiva de poder diversificar o seu negocio se fose necesario. Ten formación en lifting de pestanas, un tratamento que tamén está entre os máis demandados pola xente nova para resaltar a mirada, e valora facer un curso de depilación con fío. 

 

Con todo, NailArt é un estudio especializado unicamente en uñas, “y creo que todo el mundo me conoce por eso, por ser Stefani la de las uñas, por lo que aunque incluya algún nuevo servicio no sé si sería fácil vincularlo a mi persona”, considera.

 

O que está claro é que polo de agora está contenta coa acollida que tivo NailArt nestes dous anos. Stefani Toro atopou na cidade a súa profesión, un oficio que a representa e por iso segue día a día creando arte en miniatura coa mesma paixón que tiña ao inicio.

Stefani Toro, a colombiana que fai as uñas máis demandadas de Santiago

Te puede interesar