O takeaway máis viral de Santiago inaugura unha nova tempada do seu “Bocata do Chef”

O local compostelán presentará este mércores 10 de setembro, de 20.00 a 22.00 horas, unha nova edición desta proposta creativa arredor do chicharrón
O takeaway máis viral de Santiago inaugura unha nova tempada do seu “Bocata do Chef”
Preparación dun dos bocatas de Chichalovers | Cedida

O recoñecido espazo gastronómico Chichalovers Santiago anuncia o regreso dunha das súas propostas máis orixinais: o Bocata do Chef.

 

 

A iniciativa, que combina tradición e vangarda arredor do produto estrela da casa —o chicharrón—, abre unha nova tempada este mércores 10 de setembro cun evento especial no propio local, entre as 20.00 e as 22.00 horas.

 

Unha experiencia con selo galego

Cada edición do Bocata do Chef estará protagonizada por un cociñeiro galego de referencia, encargado de reinterpretar o chicharrón cunha receita exclusiva que se poderá degustar no Chicha durante un mes. O nome do primeiro convidado desta tempada desvelarase durante a cita de presentación.

 

Desde o establecemento destacan que o proxecto é unha oportunidade de fusionar tradición e modernidade para ofrecer unha experiencia gastronómica única, ao tempo que se pon en valor a cociña de proximidade e o traballo dos pequenos produtores.

 

O Chicha, entre tradición e vangarda

Coa volta ao cole, o Chicha quere sorprender de novo aos seus clientes cun formato que xa deixou pegada entre os chamados Chichalovers. A proposta aposta pola sostibilidade, o quilómetro cero e a creatividade culinaria, reforzando o posicionamento do local como un dos referentes gastronómicos de Compostela.

 

A cita deste mércores está aberta a prensa, influencers e clientes habituais do Chicha, que poderán ser os primeiros en descubrir quen se esconderá detrás da nova creación.

O takeaway máis viral de Santiago inaugura unha nova tempada do seu “Bocata do Chef”

Te puede interesar