É un manxar para os padais doces. Sexa no seu estado líquido, en tabletas ou en calquera das súas formas, o chocolate é un deses alimentos que a moi poucos se lles resiste.
Non todos os chocolates son iguais, a diferenza está na súa elaboración e nos ingredientes cos que se combina. Nin punto de comparación teñen os artesanais, producidos con sementes de cacao de calidade e coa habilidade dun bo mestre chocolateiro.
Compostela xoga con vantaxe neste terreo. En pleno casco histórico, na rúa do Preguntoiro, sitúase desde hai case un lustro un oasis para os amantes do bo chocolate: TeoAta Chocolate, unha tenda rexentada por “fanáticos do chocolate” na que se producen os bombóns máis prezados da cidade. Sen dúbida, unha visita obrigatoria para todos aqueles que queiran ter un detalle único con alguén especial durante este San Valentín.
Carina Gragnolati e Alejandro Racciatti asentáronse en Santiago hai case cinco anos coa idea de traballar nos seus respectivos oficios en Europa, logo de mudarse desde a Arxentina. A mala sorte fixo que a pandemia chegase e, con ela, as oportunidades laborais.
Eles, prácticos e dispostos a non tirar pola borda os esforzos feitos para chegar á cidade, decidiron emprender. E que mellor que facelo dedicándose a unha das súas grandes paixóns? A adversidade acabaría por converterse nunha oportunidade para esta parella.
Alejandro é mestre chocolateiro. A súa aventura co doce iniciouse de maneira particular. Quixo sorprender a un grupo de amigos que ían reunirse na súa casa. Cos coñecementos e a experiencia que fora adquirindo mediante cursos en Bos Aires e investigacións propias, elaborou uns bombóns que seduciron a todos e cada un dos seus camaradas.
Desde ese momento comezou a producir a pequena escala para familiares, amigos, para eventos, aniversarios e vodas e un longo etcétera. Ata actualidade, na que o negocio traspasou fronteiras e está ao alcance da man de todos os composteláns.
De entre todos os destinos que podían elixir, Carina e Alejandro escolleron Santiago. Estiveran previamente de vacacións e quedaron marabillados coas súas rúas e recunchos. Tan cómodos se sentiron que volveron para quedar. Ao cadrar coa pandemia, non lles foi complicado atopar un local dispoñible nunha das vías máis atractivas da cidade.
Instalarse en Santiago supón, en certo modo, reinventarse e adaptarse a unha localidade coa súa propia tradición. Carina e Alejandro souberon como facelo. Proba diso son os seus produtos, vinculados en forma e fondo coa cidade.
Un destes produtos son as perlas de Santiago, cunhas de chocolate con leite, como se se tratase dunha auténtica cuncha de peregrino, cunha noz no seu interior. A idea de Carina e Alejandro e ir elaborando, pouco a pouco, uns chocolates que reproduzan os logos de cada un dos Xacobeos que houbo ata o momento.
Outro dos produtos máis queridos polos seus clientes son os esponxosos, producidos con chocolate e arroz inflado: “este artículo nos ha dado mucha satisfacción porque muchos de nuestros clientes nos han dicho que los comían cuando eran pequeños, ya que antes aquí había una fábrica de chocolate, Raposo, que los hacía. Es bonito llevar a la gente de nuevo a su niñez”, enuncia Carina.
Los esponjosos nos han dado mucha satisfacción porque muchos de nuestros clientes nos han dicho que los comían cuando eran pequeños. Es bonito llevar a la gente de nuevo a su niñez
Por suposto, teñen outros produtos clásicos, dos que non poden faltar, coma os mendiants adornados con froitos secos ou tabletas tradicionais de chocolate. Con todo, o seu artigo estrela son os bombóns de vangarda.
“Los bombones de vanguardia son nuestro producto más icónico. Los elaboramos en nuestro obrador con nuestra propia receta y hoy tenemos 18 sabores diferentes”, explica Carina. Os bombóns poden adquirirse por caixas, que van das tres unidades ás 23, e son sen dúbida o sinal de identidade de TeoAta.
É imposible non atopar un sabor acorde co padal de cada un. Hai dispoñibilidade desde os máis clásicos de chocolate, pistacho, caramelo, abelá… ata gustos máis atrevidos coma a menta, a lima -o favorito dos seus clientes- ou a caiena.
Los bombones de vanguardia son nuestro producto más icónico. Los elaboramos en nuestro obrador con nuestra propia receta y hoy tenemos 18 sabores diferentes
Outra particularidade dos chocolates de TeoAta é que se poden encargar personalizados. “Nuestra técnica es versátil, lo que nos permite hacer bombones de cualquier color en línea con la gama cromática de un evento, por ejemplo”, explica Alejandro.
Todo isto demostra o compromiso e bo facer desta parella de amantes do chocolate. Por iso non é raro que os clientes sexan conscientes da calidade do seu produto e sexan habituais da tenda: “nos sostiene el vecino compostelano, la gente de aquí nos acogió con los brazos abiertos”, indican, aínda que, pola súa localización, tamén reciban a visita de peregrinos e turistas.
Este último ano Carina e Alejandro tiveron que enfrontarse á subida de prezo do chocolate, un aumento para nada desprezable e que fixo que moitas marcas reducisen a porcentaxe de cacao nos seus produtos. Eles non queren modificar o seu produto, e polo momento manteñen as proporcións coma sempre para asegurar a súa calidade.
“Espearmos que como la subida fue por malas cosechas, el próximo año se revierta la tendencia e vuelva a bajar. De momento nosotros hicimos lo posible por mantener nuestros precios”, asegura Carina.
TeoAta mantense ao pé do canón grazas ao esmero na fabricación dos seus chocolates e ao trato co cliente, sempre próximo e atento. É un negocio tan persoal e particular que fai que se diferencie doutros con facilidade: “TeoAta no está en otros lugares, nuestros bombones solo se pueden comer aquí. Además, somos nosotros quienes los elaboramos y el hecho de conocer quién los hace atrae mucho. Escuchamos a los clientes y trabajamos nuestras fórmulas en base a sus opiniones”, aseveran.
Os seus produtos poden adquirirse na tenda física ou na web. O seu propósito é seguir ofrecendo un chocolate de boa calidade e, aínda que a súa oferta xa é ben variada, é posible que inclúan algún novo produto. Sen ir máis lonxe, foron convidados a participar este ano no concurso para elixir o mellor bombón de España, para o que elaborarán un novo doce que, agardemos, poidan gozar pronto os composteláns.