Todo o que se sabe da Festa da Uña de San Lázaro: datas, programación e sorpresas

Todo o que se sabe da Festa da Uña de San Lázaro: datas, programación e sorpresas

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da asociación gastronómica e cultural Orde da Uña, Fernando Neira, presentaron o programa da Festa da Uña, unha celebración con gran tradición en Compostela, que é ademais unha das festas gastronómicas máis antigas do país, e coa que colabora Turismo de Santiago grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

 

Míriam Louzao destacou que este ano consolídanse no programa importantes novidades que se introduciron o ano pasado, que amosan a vitalidade da Festa da Uña de San Lázaro e o seu atractivo tanto para o conxunto da veciñanza de Compostela como para as persoas que visitan a cidade nas datas previas á Semana Santa.

 

Este ano repítese a inauguración da Festa cunha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas. Nesta ocasión incluirá música ao vivo e un pregón que dará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín. Esta degustación terá lugar a partires das 20.00 horas do venres 4 de abril.

 

Ademais, este ano a SD Compostela repetirá como agasallo entradas para o partido do domingo 6 de abril contra o Salamanca no Estadio Vero Boquete a aquelas persoas que consuman uñas nos locais adheridos á promoción gastronómica da Festa da Uña.

 

Este ano son vinte e cinco os restaurantes, do barrio de San Lázaro pero tamén doutros barrios, que ofrecerán durante estes días as súas versións do tradicional prato das Uñas, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo. Os locais que ofrecen as uñas, así como o programa completo da Festa, poderá consultarse no programa de Semana Santa e en www.santiagoturismo.gal entre outros.

 

A Asociación Orde da Uña dedica a Festa deste ano á memoria dos veciños do barrio Ramón Taboada Viña, poxador durante 33 anos, de 1969 ata 2002, Juan Carlos López rey, o “Municipal”, colaborador do anterior, e José Antonio Mosquera Fernández, poxador entre 2003 e 2019. 

Todo o que se sabe da Festa da Uña de San Lázaro: datas, programación e sorpresas

Te puede interesar