O WOS Festival arranca este xoves en Compostela cunha inmersión na música e na cultura contemporánea

Do 11 ao 14 de setembro, dez espazos da cidade acollerán máis de 40 actividades entre concertos, estreas, obradoiros, cinema e instalacións sonoras
O WOS Festival arranca este xoves en Compostela cunha inmersión na música e na cultura contemporánea
A programación inclúe 14 estreas estatais e un ciclo paralelo de paneis, filmes e obradoiros | Leo López

A oitava edición do WOS Festival reactivará Santiago de Compostela cunha perspectiva única sobre o son e a cultura contemporánea. Do 11 ao 14 de setembro, dez localizacións emblemáticas da cidade acollerán 29 actividades musicais, das cales 14 serán estreas a nivel estatal e 11 actividades paralelas que, a través de obradoiros, paneis, proxeccións e instalacións pretenden achegar a música electrónica e avant-garde á cidadanía. 

 

A Fundación Eugenio Granell, unha das sedes da edición, acolleu unha rolda de prensa para a presentación do festival que contou coas intervencións da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; do deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé L. Penas; do director da Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Merelles; do director do festival, Iván Arias e da coordinadora das actividades paralelas da edición e directora do proxecto "Amplificando a memoria"Acacia Ojea.


A programación do WOS Festival x SON Estrella Galicia estenderase ás xa coñecidas Sala Capitol e Fundación Laboral da Construción -que acollerán a programación musical nocturna do venres 12 e sábado 13, respectivamente-, e Teatro Principal -no que se celebrarán os concertos de apertura e clausura-, únense Auditorio Abanca, CGAC, Fundación Eugenio Granell, Igrexa da Universidade, NUMAX, Parque de Bonaval e Sede Afundación.

Cartel wos 1053x1536
Cartaz do WOS Festival

Programación principal

Xoves 11

  • 18:00 horas, Sede Afundación | Resonancias do pasado. O Organsound coma ponte acústica (panel de pensamento)
  • 19:00 horas, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (presentación da instalación)
  • 20:00 horas, Teatro Principal | Carme López; Tarta Relena

 

Venres 12

  • 13:00 horas, Sede Afundación | Chago (Sesión de escoita)
  • 16:00 - 20:00 horas, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora)
  • 16:00 horas, CGAC | O son electrónico de Galicia. Unha conversa interxeracional (panel)
  • 16:00 horas, NUMAX | Free Party. A Folk Story (cinema)
  • 18:30 horas, Igrexa da Universidade | Abdullah Miniawy
  • 20:15 horas, Teatro Principal | Sara Persico & Mila Oki present Sphaîra
  • 22:00 horas, Sala Capitol |Purelink; Rainy Miller presents Joseph, What Have You Done?; Los Thuthanaka; Carrier presents Rhythm Immortal; Djrum

 

Sábado 13

  • 12:00 horas, Sede Afundación | Lindisfarne Sample Pack. Juait, crnds & Xabier Díaz (obradoiro)
  • 13:00 horas, Sede Afundación | Philip Sherburne (sesión de escoita)
  • 13:00 horas, Parque de Bonaval | Malandrómeda & Caamaño
  • 16:00 - 20:00 horas, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora)
  • 16:00 horas, CGAC | O son electrónico de Galicia. Unha conversa interxeracional (panel de discusión)
  • 16:00 horas, NUMAX | 32 Sounds (cinema)
  • 16:00 horas, Parque de Bonaval | Bflecha b2b Mwëslee
  • 16:30 horas, Igrexa da Universidade | Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko present Гільдеґарда
  • 18:00 horas, Parque de Bonaval | Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez
  • 18:00 horas, Fundacion Eugenio Granell | Niecy Blues, KUNTARI
  • 18:00 horas, Auditorio Abanca | ZULI presents Lambda; Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori present A Forbidden Distance
  • 22:00 horas, Fundación Laboral da Construción | Klein, Beatrice Dillon, Lord Spikeheart, Nazar, aya & MFO present hexed!; CCL; KAVARI; Objekt+visuals by MIL111; Simo Cell; Batu

 

Domingo 14

  • 13:00 horas, Sede Afundación | Nono (sesión de escoita)
  • 16:00 - 20:00 horas, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora)
  • 16:00 horas, NUMAX | Diary of a sky + When language fails us (cinema)
  • 18:30 horas, Teatro Principal | Masayoshi Fujita, Grand River & Abul Mogard present In uno spazio immenso

 

Programación paralela de actividades

En paralelo a súa programación musical, WOS Festival x SON Estrella Galicia contará con obradoiros, paneis de discusión, instalacións, sesións de escoita e proxeccións de cinema; unha ambiciosa oferta de iniciativas que o festival lanza para achegar a música electrónica e de vangarda ao público.


A primeira das iniciativas terá lugar tanto o venres 12 coma o sábado 13 no CGAC ás 16.00 horas. Trátase da proposta "O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional", posta en marcha na anterior edición do WOS Festival e que pretende ofrecer unha ollada coral ao presente e pasado recente da electrónica galega.

 

En paralelo, a sala de cinema NUMAX acollerá unha serie de proxeccións nas que se explorará o papel do son e da música como eixe central da linguaxe cinematográfica. Os filmes "Free Party: A Folk Story, 32 sounds"; "Diary of a Sky + Where Language fails us" poderanse ver nas tardes dos días 12, 13 e 14 de setembro.


Na mañá so sábado 13, os produtores galegos Juait e crnds presentarán no auditorio da Sede Afundación a súa nova creación, "Lidinsfarne Sample Pack", da man dun dos músicos implicados no proxecto: Xabier Díaz. Durante este obradoiro (de entrada libre ata completar capacidade), abordaranse algúns dos aspectos máis característicos e identitarios dos principais patróns rítmicos da música tradicional galega.


Da man de Xabier Díaz, o público asistente achegarase á singularidade das xotas e das muiñeiras, mentres que Juait e crnds demostrarán como os sistemas de gravación e procesamento de audio dixital poden analizar estes patróns.

O WOS Festival arranca este xoves en Compostela cunha inmersión na música e na cultura contemporánea

Te puede interesar