A Xunta achega a artesanía galega á infancia co proxecto ‘Artesanía na Escola’

A Xunta achega a artesanía galega á infancia co proxecto ‘Artesanía na Escola’
O recoñecido artesán, Xosé Manuel Sanín, no evento

A artesanía galega entra nas aulas. A Xunta de Galicia presentou hoxe no CEIP Pío XII de Santiago a segunda unidade didáctica do programa Artesanía na Escola, unha iniciativa que busca achegar os oficios tradicionais ao alumnado de primaria.

 

 

A presentación contou coa presenza de Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia, quen destacou “a excelente acollida” deste proxecto nos centros educativos. A nova unidade, titulada Eu son artesán de percusión tradicional, centra o seu relato na figura do recoñecido artesán Xosé Manuel Sanín, mestre pandeireteiro e titular do obradoiro Sanín Percusión Tradicional. A través del, as nenas e nenos descubrirán a historia e a elaboración dunha das xoias do noso patrimonio musical: a pandeireta galega.

 

Unha xanela aos oficios e valores da tradición

O programa vai moito máis alá de mostrar técnicas: promove valores como o respecto polo feito á man, a importancia do coñecemento transmitido xeración tras xeración e unha mirada á artesanía contemporánea vinculada ao consumo responsable, á produción local e á economía circular.

 

Tras unha primeira edición no curso 2023-2024, que puxo o foco no oficio de zoqueira a través de Elena Ferro, Artesanía na Escola amplía agora o seu abano temático. Están en marcha novas unidades centradas na ourivería compostelá, a cerámica e a cestería, co obxectivo de seguir enriquecendo a oferta e espertando vocacións entre os máis pequenos.

A Xunta achega a artesanía galega á infancia co proxecto ‘Artesanía na Escola’

Te puede interesar