O secretario xeral técnico, Manuel Vila, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron hoxe na rolda de prensa de presentación das nove obras finalistas do XXIX Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, organizado polo Instituto IES Rosalía de Castro de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia. Os representantes das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Cultura, Lingua e Xuventude aplaudiron o labor de todos os implicados no certame e desenvolvemento da elección dos nove finalistas desta edición.
Este galardón, cuxas obras gañadoras se coñecerán no curso 2025/2026, conta con tres categorías: novela en lingua estranxeira, en lingua castelán e en galego. As tres obras que aspiran a facerse co premio na categoría de novela estranxeira son La impostura de Zadie Smith, El volumen del tiempo de Solvej Balle e Misricordia de Lídia Jorge.
No caso das novelas en castelán, os títulos finalistas son La llamada de Leila Guerriero, La península de las casas vacías de David Uclés e Las fieras de Clara Usón. Finalmente, na categoría de novela estranxeira son La impostura de Zadie Smith, El volumen del tiempo de Solvej Balle e Misricordia de Lídia Jorge.
Manuel Vila e Valentín García destacaron a singularidade do premio no que a decisión final recae no alumnado de Bacharelato do propio instituto compostelán e doutros centros de Galicia e do exterior. Asimesmo, celebraron a súa contribución a crear novas xeracións de lectores. Nesta 29ª edición participan os institutos IES Rosalía de Castro de Santiago, o IES Antón Losada Diéguez da Estrada, o IES 12 de Outubro de Ourense, o IES Isaac Díaz Pardo de Sada, o IES Sanxillao de Lugo, o IES Antonio Fraguas de Santiago, o IES Ramiro de Maetzu de Madrid, o Lycée Saint François Xavier de Vannes de Francia, o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen de Alemñana e o Hockerill Anglo European College de Reino Unido.
Durante estas case tres décadas acadaron o galardón escritores como Paul Auster, Haruki Murakami, Almudena Grandes ou Pedre Feijóo, entre outros. Na pasada edición, levaron o premio San Clemente os autores Antón Riveiro Coello por Hotel Carioca, Alejandro Zambra por Literatura Infantil e Maggie O’Farrell por El retrato de casada.