O Goberno galego eloxia o labor do colexio Ramón Cabanillas no fomento das ciencias no ámbito educativo

O Goberno galego eloxia o labor do colexio Ramón Cabanillas no fomento das ciencias no ámbito educativo
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participou na inauguración das xornadas científica organizadas polo centro compostelán

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou onte na apertura das xornadas científicas celebradas no Colexio CEIP Ramón Cabanillas de Santiago, unha iniciativa que promove desde idades temperás o interese pola ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM) no ámbito educativo.

 

 

Durante o acto de inauguración, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destacou o valor de actividades coma esta, que contribúen a espertar vocacións científicas e a achegar o alumnado ao pensamento crítico e á resolución de problemas a través da experimentación e o traballo colaborativo. Trátase dunhas xornadas para ensinar, descubrir e fomentar a curiosidade científica desde a experiencia directa e o traballo en equipo.

 

Judith Fernández gabou o compromiso do profesorado e o seu esforzo por transformar a percepción de materias como as matemáticas e as ciencias, tradicionalmente vistas como complexas, e presentalas como ferramentas útiles para comprender e afrontar retos reais. “Estas xornadas fomentan unha aprendizaxe activa, propoñendo desafíos que o alumnado debe resolver con creatividade e método”, sinalou. Lembrou, ademais que a Xunta ten diversas iniciativas de impulso das competencias científico matemáticas do alumnado que se enmarcan na Estratexia educación dixital, Edudixital 2030, a través de programas como o Club de Ciencia e Stembach.

 

 

Implicación de toda a comunidade escolar

As xornadas científicas, nas que participa toda a comunidade educativa, están estruturadas en dúas áreas principais. Por unha banda, o alumnado de 6º de Primaria é o encargado de dinamizar obradoiros vinculados á física, a química ou a electricidade, a través de experimentos prácticos que permiten visualizar conceptos científicos dun xeito atractivo e accesible. Pola outra, os de 5º centran a súa participación na bioloxía, cun espazo dedicado á explicación das características e clasificación dos animais. Ademais, os estudantes de todos os cursos prepararon diferentes stands nos que explican, amosan e comparten o aprendido durante as semanas previas, combinando coñecementos teóricos con demostracións prácticas.

O Goberno galego eloxia o labor do colexio Ramón Cabanillas no fomento das ciencias no ámbito educativo

Te puede interesar