A Xunta impulsa a creación de 12 viviendas de promoción pública en Lamas de Abade

― A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, supervisou hoxe o inicio das obras deste inmoble, no que se invisten 2,5M€ e teñen un prazo de execución de 13 meses
A Xunta impulsa a creación de 12 viviendas de promoción pública en Lamas de Abade
Autoridades das entidades implicadas supervisaron o inicio das obras

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe o inicio das obras dun edificio de 12 vivendas de promoción pública en Lamas de Abade e destacou que a Administración autonómica “segue a avanzar no compromiso para facilitar á cidadanía o acceso á vivenda digna, de calidade e accesible”. 

 

Autoridades das entidades implicadas supervisaron o inicio das obras
Autoridades das entidades implicadas supervisaron o inicio das obras

 

O inmoble cuxas obras acaban de comezar hoxe en Lamas de Abade sitúase na rúa Constantino Limia Nogueira e contará con planta baixa e dúas plantas altas e 12 vivendas de 3 e 2 dormitorios, todas elas con terraza. O investimento acada os 2,5M€ e o prazo de execución é de 13 meses, de xeito que se prevé que o edificio estea rematado o vindeiro verán.

 

Xunto a este inmoble, a Xunta promove na actualidade en Santiago outras 48 vivendas de promoción pública noutras dúas parcelas en Lamas de Abade e O Castiñeiriño, que aborda unha vez concedida a licencia municipal. As 24 previstas en Lamas de Abade están adxudicadas e comezarán este mesmo verán e as do 24 Castiñeiro xa están en marcha, de xeito que se prevé que ambas estean rematadas tamén ao longo do vindeiro 2025. No conxunto das tres promocións, a Administración autonómica realiza un investimento de 11,4M€.

 

O total de 60 vivendas adxudicaranse unha vez rematadas en réxime en alugueiro entre persoas que estean inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda. “Con estas promocións -destacou hoxe a conselleira- seguimos a incrementar o parque de vivenda pública en Galicia. Seguimos construíndo fogar e construíndo un futuro mellor para moitas familias”.

 

M. Allegue lembrou que, na actualidade, o IGVS é propietario de 271 vivendas de promoción pública en Santiago, adxudicadas en réxime de alugueiro social, e que se traballa co Concello na cesión de parcelas municipais para construír vivenda, dentro da Estratexia de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta. 

A Xunta impulsa a creación de 12 viviendas de promoción pública en Lamas de Abade

Te puede interesar