A III Celtic Cup terá lugar en Santiago de Compostela da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) o vindeiro sábado 8 de marzo. Á cita acoden un total de once equipos (seis femininos e cinco masculinos) chegados de Irlanda, Inglaterra, Bretaña e, por suposto, Galicia. Está previsto que asista á competición o embaixador de Irlanda.
A primeira edición desta competición de fútbol gaélico celebrouse en Lalín, a segunda foi en Ourense e a quenda neste 2025 é para Compostela. Na última edición desta competición a Selección Galega masculina conquistou o trofeo, mentres que o triunfo feminino foi para o Malahide.
A fase de grupos da III Celtic Cup xogarase de 9.00 a 17.00 horas no campo de Santa Isabel, usando de supletorio o terreo de xogo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Campus Sur, no tramo horario de 9:00 a 12:00 horas. As finais xogaranse ás 17.30 horas a masculina e ás 18.30 horas a feminina.
Con respecto a anteriores edicións aumenta o número de equipos participantes notablemente. En Lalín houbo tres equipos masculinos (xogouse un triangular) e dous femininos (partido único). En Ourense foi ao revés, houbo tres femininos e dous masculinos. Polo tanto o número de conxuntos en competición pasa de cinco a once.
Media ducia de equipos participarán na Celtic Cup feminina. Son os seguintes: Galicia A, Galicia B, Round Towers (Londres), selección de Bretaña, St. Eunans (Donegal) e Kilmacud Crokes (Dublín). A competición xogarase en dous grupos de tres equipos na fase de grupos, avanzando os dous primeiros a semifinais. As gañadoras pasarán á final.
No caso do torneo masculino hai cinco conxuntos competindo: Galicia A, Galicia B, St Brendans (Londres), St Sylvesters (Dublín), selección de Iberia. Neste caso disputarase unha liguilla todos contra todos. Serán os dous primeiros clasificados os que disputarán a final.
A entrega de trofeos e a festa post torneo terán lugar no Restaurante A Nave de Vidán,
Esta III Celtic Cup poderá seguirse nos terreos de xogo e tamén desde a casa a través da canle de Youtube da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) www.youtube.com/@gaelicogalego que emitirá toda a competición. Ademais, as finais masculina e feminina transmitiranse pola web da Crtvg www.agalega.gal en directo e pola canle G2 en diferido.
GALICIA FEMININO A
· Alba Rodríguez Fernández (Auriense)
· Iria Labandeira Belda (Auriense(
· Ánxela Mª Estévez Salguero (Estrela Vermelha)
· Emma Rojas Amosa (Estrela Vermelha)
· Lourdes Rey Cascallar (Estrela Vermelha)
· Tamara Mulaosmanovic (Estrela Vermelha)
· Laura Nercellas (Estrela Vermelha)
· Eva Lago Neira (Fillas de Breogán)
· Sara López Pita (Fillas de Breogán)
· Vanesa Puente (Fillas de Breogán)
· Leticia Zapata (Fillas de Breogán)
· Antonella Larrascq Alvarez (Turonia)
· Silvia Álvarez Álvarez (Turonia)
GALICIA FEMININO B
· Antía Botana Vazquez (Auriense)
· María Arias vazquez (Auriense)
· Nicole Lugo Toro (Auriense)
· Lucía Fernández Ferrer (Auriense)
· María Silveira Loureiro (Estrela Vermelha)
· Laura Gutierrez Vara (Estrela Vermelha)
· Rocio Aldrey Paz (Estrela Vermelha)
· Uxía Otero Fernández (Estrela Vermelha)
· Aldara Montero Pardavila (Fillas de Breogán)
· Jenny González Alvarez (Fillas de Breogán)
· Iria Quiroga lopez (Fillas de Breogán)
· Antía Iglesias Iglesias (Lavandeiras)
· Alexandra Figueroa Vázquez (Turonia)
· Lidia Diaz González (Turonia)
· Loreto Alonso Fernández (Grovias )
· María Estrada Rodriguez (Grovias)
GALICIA MASCULINO A
· Mateo Fernández (Estrela Vermelha)
· Pablo Mascareñas (Estrela Vermelha)
· Gábor Pazos (Estrela Vermelha)
· Bruno López (Fillos de Breogán)
· Daniel Vaamonde (Fillos de Breogán)
· Adrián Ambrosio (Keltoi)
· Ismael Méndez (Turonia Gondomar)
· Victor Santos (Fillos de Breogán)
· Iago Couso (Estrela Vermelha)
· Adriano Quiroga (Estrela Vermelha)
· Ismael Pereira (Keltoi)
· Samuel Lagoa (St. Peregrines, Dublín)
· Víctor Mera (Estrela Vermelha)
· Julio Docampo (Keltoi)
· Millán Brea (Auriense)
· Daniel Conde (Estrela Vermelha)
GALICIA MASCULINO B
· David de la Torre (Estrela Vermelha)
· Joaquim Fabres (Auriense)
· Noé Asensio (Turonia Gondomar)
· Edgar Cruz (Estrela Vermelha)
· Iker Calvo (Lorchos)
· David Chaves (Lorchos)
· Sintayehu García (Auriense)
· Tomás Lagoa (Estrela Vermelha)
· Antonio Lago (Keltoi)
· Alexandre Louzao (Estrela Vermelha)
· Iker Nine (Lume de Beltane, Poio)
· Andrés Novoa (Auriense)
· Darío Eyre (Auriense)
· Miguel García (Turonia Gondomar)
· David Dios (Keltoi)
· Daniel (escola Boqueixón)
· Simón (escola Boqueixón)