O concello de Dodro conmemorará un ano máis o Día de Rosalía con diferentes actividades co obxectivo de lembrar e render homenaxe a nosa insigne poetisa.
Desde o vindeiro venres, día 21, e durante 3 días Dodro programa una serie de actividades que comezarán as cinco e media da tarde na Casa da Cultura co espectáculo “Os Cantares de Rosalía”.
María Faltri é a responsable de “Os Cantares de Rosalía”, unha peza que forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A artista propón un espectáculo que bebe da obra de Rosalía de Castro.
A voz de Faltri e a guitarra de Reynier Aldana convértense nun agasallo para as familias que queiran achegarse á obra da poeta. Poemas e cancións que forman unha acolledora sesión na que gozar da música e da palabra, pero sobre todo na que compartir e soñar. Unha viaxe emocional que deixará pegada en cada corazón presente
Este mesmo venres na Biblioteca Municipal, centros de ensino e servizos municipais repartiremos marca páxinas conmemorativos do Día de Rosalía.
Os días 21, 22 e 23 a tradición manda e nos establecementos hostaleiros do concello degustarase o “Caldo de Gloria”.
Este prato popularizado pola poesía de Rosalía pero real nunha época de pobreza, é denominado pola Fundación Rosalía como a “Épica dos humildes” e forma parte do poema “Miña casiña, meu lar” de “Follas novas”.
No texto “unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz” (Fundación Rosalía de Castro).
O concello convida á veciñanza de Dodro e da contorna a tocar un caldo que lembra a Rosalía é que pon en valor a afouteza dos galegos.