Padrón revive este verán a súa historia con visitas guiadas e teatralizadas para veciñanza e visitantes

Padrón revive este verán a súa historia con visitas guiadas e teatralizadas para veciñanza e visitantes
VISITA TEATRALIZADA 2

O Concello de Padrón vén de presentar unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas que se desenvolverán durante os meses de xullo, agosto e setembro co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A proposta, dirixida tanto á veciñanza como ao turismo, está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e o divulgador histórico Suso Martínez.

 

VISITA SEDIS IRIENSIS
 

 

As actividades, de carácter gratuíto pero con inscrición previa obrigatoria a través da web municipal, permitirán mergullarse en tres momentos clave da historia local, combinando divulgación e espectáculo.

 

Rosalía, Iria Flavia e o Apóstolo como protagonistas

A primeira das propostas será a visita teatralizada Camiño branco de Rosalía, a cargo de Os Quinquilláns. Trátase dun percorrido polas pegadas vitais e literarias de Rosalía de Castro, con parada en lugares emblemáticos vencellados á súa biografía. Desenvolverase os mércores 2, 8, 16, 23 e 30 de xullo ás 20:00 horas, con saída desde Fondo de Vila e conducida integramente en galego.

 

A segunda actividade leva por título Sedis Irienses e será conducida por Suso Martínez. Permitirá coñecer a historia dunha das sedes episcopais máis antigas de Galicia, cunha visita que comezará no adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia e incluirá unha parada no cemiterio de Adina. Terá lugar os venres 1, 8 e 22 de agosto, tamén ás 20:00 horas.

 

Finalmente, a terceira proposta será a visita guiada A Traslatio, tamén con Suso Martínez como guía. O roteiro seguirá o lendario traslado dos restos do Apóstolo Santiago, con sesións previstas para os venres 5, 12, 19 e 26 de setembro, ás 20:00 horas, con punto de encontro en Fondo de Vila.

Padrón revive este verán a súa historia con visitas guiadas e teatralizadas para veciñanza e visitantes

Te puede interesar