O PP de Santiago acusa ao goberno local de organizar as "peores festas de toda Galicia"

Nerea Barcia e Adrián Villa reclaman unha programación festiva máis digna da capital de Galicia e critican a falla de organización e proxección exterior
O PP de Santiago acusa ao goberno local de organizar as "peores festas de toda Galicia"
Miembros del BNG, en las fiestas de la Ascension @EFE Lavandeira jr

O grupo municipal do Partido Popular de Santiago reclamou este mércores ao goberno local do BNG que abandone o que cualifican como unha actitude de “conformismo” na organización das festas da cidade e aposte por unha programación máis ambiciosa e acorde co prestixio de Compostela.

 

En rolda de prensa, os concelleiros Nerea Barcia e Adrián Villa aseguraron que, coa programación actual das festas da Ascensión e do Apóstolo, “Santiago está a perder a súa posición e oportunidades que están a rentabilizar outras cidades e concellos de Galicia”. Segundo Villa, a falta de xestión provocou que as festas compostelás “xa non atraen e se converteron nas peores festas de toda Galicia”, pola súa escasa ambición tanto na verbena, como nas atraccións, actividades nos barrios e falta de información.

 

20250618 Foto RP Nerea Barcia Adrian Villa
Os concelleiros Adrián Villa e Nerea Barcia

 

Críticas aos horarios, á ausencia de orquestras e ao abandono da Quintana

Villa puxo como exemplo que “o concerto que se celebraba na Quintana rematou ás 11 da noite e non houbo orquestra na Alameda, xusto a xornada na que a xente máis podía desfrutar”, xa que ao día seguinte era festivo. Tamén denunciou a falta de actividades no casco histórico e lamentou que se desaproveiten espazos como a Alameda, tradicionais nas festas da cidade.

 

 

Afirmou que o PP, de volver gobernar en 2027, “apostará en maior medida pola música e artistas galegos, pero sen deixar de lado o panorama nacional e internacional”, para complementar unha programación que atraia tanto ao público local como aos visitantes.

 

 

Barcia lamenta a perda do estatus festivo de Compostela

Pola súa banda, Nerea Barcia denunciou que “Santiago de Compostela perdeu o seu estatus de referente en canto á programación das nosas festas”, e que moitos santiagueses “teñen que ir ata outras vilas para desfrutar dunha programación en condicións”.

 

A edil popular destacou que “o deber dun goberno municipal como o da capital de Galicia e meta mundial de peregrinación é ofrecer unha programación a toda a cidadanía e tamén aos visitantes, que supoñen un impulso económico”.

 

Segundo explicou, moitas persoas botaron en falta “unha maior presenza dos nosos cabezudos; mellor organización nas actuacións das nosas asociacións folclóricas; as orquestras na Alameda ou concertos de maior calado e, sobre todo, con maior amplitude horaria”.

 

 

Barcia quixo tamén recoñecer “ás comisións de festas da cidade que, con moitos menos recursos, atraen moitísimas persoas só por unha razón: porque teñen gañas de traballar e facer as mellores festas posibles”. Agradeceu ademais o labor “dos nosos artistas galegos e galegas que leven a nosa lingua e a nosa cultura a moitos puntos do mundo”.

O PP de Santiago acusa ao goberno local de organizar as "peores festas de toda Galicia"

Te puede interesar