Teo contará con 26 novas vivendas públicas en Calo

A Xunta tramita o deseño do edificio, que se construirá nunha parcela de case 2.000 m² cedida polo Concello na rúa Cernadelo
Teo contará con 26 novas vivendas públicas en Calo
Parroquia de Calo, en Teo

O Concello de Teo continúa avanzando na ampliación da súa oferta residencial pública. A Xunta de Galicia vén de recibir dúas ofertas de empresas para redactar o proxecto das 26 novas vivendas protexidas que se construirán na zona das Galanas-Calo, concretamente nunha parcela situada na rúa Cernadelo, de 1.985 metros cadrados.

 

O contrato, licitado pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) por un orzamento de 259.224 euros, inclúe tanto o proxecto básico e de execución como a dirección de obra. As empresas adxudicatarias disporán dun prazo de cinco meses para entregar o deseño do inmoble, que permitirá poñer en marcha a súa construción nunha das zonas residenciais en crecemento do municipio.

 

Estas 26 vivendas forman parte dun proxecto autonómico máis amplo, co que a Xunta prevé duplicar o parque residencial público en Galicia nesta lexislatura, cun obxectivo de 4.000 novas vivendas en todo o territorio. Segundo informou o goberno galego, na actualidade xa están en marcha máis de 2.000 nas principais cidades galegas.

Teo contará con 26 novas vivendas públicas en Calo

Te puede interesar