A filloa de Lestedo chega a Santiago con degustacións gratuítas en El Corte Inglés

A Asociación Cultural da Filloa, o Concello de Boqueixón e El Corte Inglés de Santiago organizan unhas xornadas especiais para achegar este doce tradicional ao público
A filloa de Lestedo chega a Santiago con degustacións gratuítas en El Corte Inglés
Filloa de Lestedo

O sabor da tradición chega a Santiago da man da filloa de Lestedo, un dos produtos máis emblemáticos do Entroido galego. A Asociación Cultural da Filloa, o Concello de Boqueixón e El Corte Inglés de Santiago presentarán mañá venres, 28 de febreiro, ás 12:00 horas, unhas xornadas de degustación gratuíta deste manxar.

 

A iniciativa, que se desenvolverá na cafetería e restaurante de El Corte Inglés, ofrecerá aos asistentes a posibilidade de probar a auténtica filloa de Lestedo en horario de 13:00 a 16:30 horas durante varios días: 28 de febreiro, 1, 3 e 4 de marzo.

 

O evento contará coa presenza de figuras destacadas como o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o responsable rexional de El Corte Inglés en Galicia - Asturias, Raúl Vázquez, o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal, e o concelleiro de Turismo, José Luís Mareque.

 

Un doce con historia

A filloa de Lestedo é un dos grandes protagonistas do Entroido na comarca, sendo parte esencial da tradicional Festa da Filloa que cada ano reúne a milleiros de visitantes en Boqueixón. Agora, esta especialidade trasládase ao corazón de Santiago para que tanto composteláns como visitantes poidan degustala nun ambiente único.

A filloa de Lestedo chega a Santiago con degustacións gratuítas en El Corte Inglés

Te puede interesar