O Concello de Brión inicia os traballos de mellora da estrada principal de Lamiño co retranqueo dos postes da liña de media tensión

As obras inclúen a mellora en aglomerado en quente de case un quilómetro dunha estrada moi transitada, pois ademais da veciñanza de Lamiño tamén dá acceso ao CEIP Pedrouzos e instalacións deportivas como o polideportivo e a piscina municipais
O Concello de Brión inicia os traballos de mellora da estrada principal de Lamiño co retranqueo dos postes da liña de media tensión
Os presentantes municipais visitaron as obras

O Concello de Brión ultima os detalles para o inicio das obras de mellora da estrada principal da aldea de Lamiño, nas que investirá preto de 70.000 euros. O alcalde de Brión, Pablo Lago, e o concelleiro de Obras, José Antonio Vidal, visitaron zona acompañados por técnicos da empresa Elecnor, firma encargada do retranqueo dos postes da liña de baixa tensión que atravesa o municipio.

 

“Imos aproveitar os traballos de aglomerado en quente da estrada de Lamiño para retirar da calzada uns postes da liña de baixa tensión que atravesa pola zona para deste xeito mellorar a seguridade viaria da zona, onde os peóns xa contan cunhas beirarrúas feitas na anterior lexislatura”, explica José Antonio Vidal, quen aproveitou para interesarse por outras actuacións de mellora eléctrica que se van a acometer no municipio, a primeira delas na aldea de Tembra.

 

 

Unha vez que os postes estean colocados nos seus novos emprazamentos, o Concello procederá ao aglomerado en quente desta estrada, de 985 metros de longo e 5,5 metros de ancho que parte do CEIP de Pedrouzos, atravesa a aldea de Lamiño e chega ata o límite municipal co Concello de Ames. Unha actuación que inclúe a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para unha correcta drenaxe das augas, así como o pintado de sinalización horizontal e liñas de bordo na calzada.

 

 

O alcalde brionés sinala que “trátase dunha actuación importante xa que estamos falando dunha zona con moita circulación tanto por parte dos veciños e veciñas de Lamiño como por parte de peóns e vehículos que se achegan a deixar ou recoller aos seus pequenos no CEIP de Pedrouzos ou facer uso doutras instalacións municipais emprazadas na zona, como a piscina ou o polideportivo municipais”.

O Concello de Brión inicia os traballos de mellora da estrada principal de Lamiño co retranqueo dos postes da liña de media tensión

Te puede interesar