O Ateneo de Santiago proxecta hoxe o filme 'Salta!'

O Ateneo de Santiago proxecta hoxe o filme 'Salta!'
Ateneo de Santiago

Este martes, 25 de febreiro, ás 19.00 horas, o Ateneo de Santiago organiza na Rúa do Vilar, 19, a proxección da película Salta!, dirixida por Olga Osorio. A presentación e proxección deste filme servirá como peche o Ciclo «Cinema galego do século XXI» do Cineclub.

 

Salta
Salta!

 

Salta! é unha longametraxe de 2023 que combina aventura e ciencia ficción. Ambientada no verán de 1989, segue a historia de Óscar e Teo, dous irmáns de 13 e 10 anos, que afrontan a misteriosa desaparición da súa nai, unha científica obsesionada cos buracos de gusano. Mentres Teo se evade xogando ao fútbol, Óscar dedica o seu tempo a estudar a teoría da relatividade, ata que un inesperado acontecemento os leva a vivir unha viaxe no tempo.

O Ateneo de Santiago proxecta hoxe o filme 'Salta!'

Te puede interesar