Entradas xa á venda para o Festival Ateneo Barroco, que regresa con seis concertos en outubro

O programa inclúe seis actuacións e actividades paralelas, mentres o Ateneo abre tamén o seu novo club de lectura
Entradas xa á venda para o Festival Ateneo Barroco, que regresa con seis concertos en outubro
Imaxe de arquivo da edición de 2023 do festival Ateneo Barroco

O Ateneo de Santiago anunciou a celebración do Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco 2025, que terá lugar do 8 ao 22 de outubro. Durante dúas semanas, Compostela converterase nun espazo privilexiado para gozar dunha programación de seis concertos centrados neste xénero musical.

 

Venda de entradas

As entradas e abonos xa están dispoñibles. O abono para os seis concertos ten un prezo de 25 euros para ateneístas (solicitándoas no correo ateneo@ateneodesantiago.gal) e 35 euros máis gastos de xestión para o público xeral.

 

Tamén se poden adquirir entradas individuais por 10 euros máis gastos de xestión. As persoas con carné xove e menores de 30 anos contan con prezos reducidos: 25 euros máis gastos polo abono e 8 euros máis gastos por concerto.

Entradas xa á venda para o Festival Ateneo Barroco, que regresa con seis concertos en outubro

Te puede interesar