Santiago acolle este domingo o VII Mini BTT Cidade de Santiago

A penúltima cita do calendario galego de Mini BTT celebrarase nos terreos do estadio Verónica Boquete a partir das 10.00 horas e será clave para definir o ranking da Copa de Galicia
Santiago acolle este domingo o VII Mini BTT Cidade de Santiago
O circuíto de 2 km no estadio Verónica Boquete converterase no epicentro do Mini BTT Cidade de Santiago, con mangas para todas as categorías de base

Santiago de Compostela acollerá este domingo 21 de setembro o VII Mini BTT Cidade de Santiago, que será nos terreos colindantes do estadio Verónica Boquete, en San Lázaro, a partir das 10.00 horas

 

A zona de aparcamento de este estadio será empregada como zona de equipos e, por este motivo, permanecerá pechada ao tráfico desde as 8.00 horas ás 15.30 horas dese domingo. 

 

O ciricuito terá unha lonxitude de 2 kilómetros, situándose tanto a meta como a saída no estadio Verónica Boquete. Ademais, as competicións realizaránse en diferentes mangas, segundo categorías. Dentro de cada manga sairán estas seguindo o programa de competición. Partindo da categoría benjamín, que saen ás 10.00 horas, esta irá seguida polas categorías promesa, principiante e alevín, que sairán ao termo da manga anterior. 

Captura de pantalla (3)
A zona de equipos permanecerá pechada aos vehículos dende ás 8.00 horas

Esta actividade está organizada polo Club Ciclistas Compostelano-Muebles Compostela e coa colaboración do Concello de Santiago. Ademais, destácase que esta é a penúltima cita do calendario galego de Mini BTT e que, de seguro, definirá os postos do ranking galego para a Copa de Galicia. 

Santiago acolle este domingo o VII Mini BTT Cidade de Santiago

Te puede interesar