A Facultade de Comunicación da USC dá un salto tecnolóxico no seu estudio de televisión

A Facultade de Comunicación da USC dá un salto tecnolóxico no seu estudio de televisión
Imaxe da visita

O Estudio 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de completar un proceso de dixitalización integral, situándose á vangarda dos recursos tecnolóxicos dispoñibles para a formación dos futuros xornalistas. Con esta renovación, todos os equipos traballan xa con sinal SDI, achegándose ás condicións reais que os estudantes atoparán no ámbito profesional.

 

O reitor da USC, Antonio López, visitou este xoves o estudio para comprobar de primeira man as melloras, coincidindo cunha sesión interactiva da materia Información televisiva de 2º de Xornalismo. A posta ao día desta infraestrutura permite á Facultade ofrecer unha formación máis adaptada á realidade dos medios, mellorando a calidade docente e facilitando un contacto directo coas dinámicas profesionais actuais.

 

Imaxe da visita
Imaxe da visita

 

Tecnoloxía de última xeración ao servizo do alumnado

O novo equipamento do Estudio 2 inclúe tres cámaras con Camera Control Unit (CCU), servidor de vídeo, mesturador, gravación directa en SSD e tarxetas SD, e teleprompter de última xeración. Ademais, a renovación estendeuse tamén ao sistema de iluminación, agora dotado de luz LED, seguindo a liña estratéxica da USC para reducir o consumo enerxético nos seus centros.

A Facultade de Comunicación da USC dá un salto tecnolóxico no seu estudio de televisión

Te puede interesar