O Festival Maré da a coñecer o seu cartaz completo para a edición deste ano, que se celebrará en Santiago de Compostela do 24 ao 28 de setembro. Este festival, definido como un espazo humanizado que entende a cultura como dereito fundamental, trae un cartel que tamén é unha declaración de principios combinando o respecto pola tradición e aposta pola innovación.
Durante varios días, Compostela transfórmase nun palco a ceo aberto, alumeando espazos culturais da cidade e acollendo máis de 30 artistas de distintos xéneros e linguas, tanto consolidados como novas voces. A programación, pensada para ser interxeneracional, compleméntase con actividades de poesía, danza, comedia, talleres, propostas infantís e un mercado de artesanía, facendo de Maré un mapa artístico diverso.
O festival aposta por un puzzle de voces galegas e internacionais, e presenta unha ampla diversidade de estilos, territorios e linguaxes, reforzando o espírito de diálogo cultural que o caracteriza. Entre os nomes destacan:
O cartel complétase cunha ampla representación de artistas internacionais como Sara Curruchich (Guatemala), El Búho, Leiden, K.O.G., Da Cruz ou Briela Ojeda, así como co concerto de clausura, a cargo de Sol Band (Gaza) e a Frotilha de artistas contra o xenocidio.
Este ano, Maré 2025 reforza tamén a súa vertente profesional cun encontro que reunirá 13 profesionais convidados de 8 países —Marrocos, Bélxica, Francia, Italia, Colombia, Portugal, Eslovaquia e España—, creando un espazo de intercambio e colaboración para impulsar novas redes internacionais.
O festival espallará os seus concertos por diferentes escenarios emblemáticos da cidade: Sala Capitol, Teatro Principal, Igrexa da Universidade, CSC Maruxa e Coralia, Riquela Clube, Casa das Crechas, Praza da Mazarelos ou Praza de Pratería.