O PP de Santiago acusa ao BNG de mentir e de poñer en risco a seguridade de máis de 500 nenos no campo de fútbol de Conxo

De la Fuente reclámalle ao BNG que asuma as súas responsabilidades, xa que o departamento de Deportes é coñecedor do “esperpéntico” estado destas instalacións e se mantén de brazos cruzados, deixando que sexa a “sorte” a que faga que non teña pasado ningún suceso que logo haxa que lamentar.
O PP de Santiago acusa ao BNG de mentir e de poñer en risco a seguridade de máis de 500 nenos no campo de fútbol de Conxo
O estado dos teitos. Foto do PP

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, acusa ao goberno local de mentir e de poñer en risco a seguridade de máis de 500 nenas e nenos que empregan cada semana do campo de fútbol da Mercé de Conxo, ademais da rapazada que pasa por estas instalacións cada fin de semana.

 

De la Fuente reclámalle ao BNG que asuma as súas responsabilidades, xa que o departamento de Deportes é coñecedor do “esperpéntico” estado destas instalacións e se mantén de brazos cruzados, deixando que sexa a “sorte” a que faga que non teña pasado ningún suceso que logo haxa que lamentar.

 

 

 

“A concelleira de Deportes — remarcou o edil popular— tivo o arroxo de mentir diante de todos os veciños e veciñas no Pleno, cando afirmaba que se en algo se caracterizaba o departamento de deportes era por velar pola seguridade dos e das usuarias das instalacións deportivas e engadía que todas son salubres, de non ser así estarían pechadas”, cando a realidade é ben distinta e está á vista de todos”.

 

José Ramón de la Fuente insistiu en que calquera que pase polo campo da Mercé pode comprobar “como os vestiarios están nun estado impresentable, con pratos de ducha rotos; urinarios e os inodoros nunha situación impropia do século que vivimos; e co teito derrubado dende hai semanas, ademais de ter que soportar atascos nas tubarias de saneamento, que inundan este espazo e unha perigosa instalación eléctrica”.

 

Unha das duchas
Unha das duchas

 

Ademais, sinalou, “sabendo como están esas instalacións, non se entende que no orzamento recentemente aprobado non se reservara unha partida especifica para unha intervención integral no campo de fútbol de Conxo, que neste momento resulta urxente afrontar”.

 

 

“Isto é totalmente insostible nunha instalación situada na capital de Galicia e por onde pasan, cada día, centos de deportistas e, cada fin de semana, o usan moitos rapaces e rapazas que chegan doutras localidades e que marchan cunha imaxe patética das mesmas”, sentenciou o popular.

O PP de Santiago acusa ao BNG de mentir e de poñer en risco a seguridade de máis de 500 nenos no campo de fútbol de Conxo

Te puede interesar