O Concello de Ames dará un paso importante para impulsar o seu desenvolvemento urbano sostible e a mellora da súa infraestrutura, ao presentar o Plan Conecta Ames na nova convocatoria dos fondos europeos EDIL (Fons Europeos para o Desenvolvemento Urbano Sostible). Este ambicioso proxecto, que se debate no pleno extraordinario do próximo martes 25 de febreiro, busca transformar o municipio e mellorar a calidade de vida dos seus veciños, especialmente no ámbito rural e nas áreas periurbanas.
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que este plan forma parte da Axenda Urbana 2030, un documento de planificación que marcará o futuro do municipio nos próximos anos. "Traballamos con previsión na elaboración da Axenda Urbana 2030, creando un proceso participativo no que foron implicados diferentes sectores da comunidade veciñal e empresarial do concello. Agora, grazas a este traballo, temos a oportunidade de presentar este plan aos fondos FEDER", afirmou García.
Catro proxectos transformadores para o futuro de Ames
O Plan Conecta Ames inclúe catro grandes proxectos, todos eles co enfoque de mellorar a sustentabilidade e a conectividade no municipio, seguindo os obxectivos da Axenda Urbana 2030. Estes proxectos teñen un enfoque integrador e de converxencia entre as zonas urbanas e rurais de Ames, co obxectivo de crear unha rede máis cohesionada e sustentable.
- Creación dun novo mercado municipal e estratexia alimentaria Km0: A primeira das iniciativas será a construción dun mercado de abastos en Bertamiráns, con espazos exteriores rexenerados e conectados ao entorno verde. Este proxecto tamén contempla a creación dun banco de terras ecolóxicas nas ribeiras do río Sar para promover a produción local e a agricultura sostible.
- Senda ciclable que conecte O Milladoiro e Bertamiráns: Ames tamén apostará por mellorar a mobilidade verde e sostible, cunha senda ciclable que conecte os principais núcleos urbanos do municipio. Este proxecto incluirá a humanización e reverdecemento de rúas, como as de Estivada de Castelao no Milladoiro e a praza de Chavián en Bertamiráns, ademais da creación dun corredor verde no centro de Bertamiráns.
- Implantación dun sistema de transporte público eléctrico: Outra das medidas clave será a posta en marcha dunha liña de autobuses elétricos que conecten O Milladoiro e Bertamiráns, mellorando a accesibilidade e reducindo a pegada de carbono no municipio. Tamén se actualizarán as marquesiñas de transporte público e se creará un sistema de transporte baixo demanda para conectar as zonas rurais coas principais áreas urbanas.
- Mellora de servizos no rural e rehabilitación enerxética: O último proxecto busca mellorar os servizos e a infraestrutura nas parroquias rurais. Entre as accións previstas están a rehabilitación enerxética dos locais sociais e a creación de puntos de atención municipal dotados de 5G, así como un programa de alfabetización dixital para as persoas maiores e a creación de espazos de dinamización cultural e social.
Aportes financeiros e cronograma
Ames opta a unha axuda de 9 millóns de euros dos fondos europeos FEDER, que financiarían o 60% do total do plan. O resto da financiación será cuberto mediante recursos propios ou outras fontes autonómicas ou provinciais. O prazo para a presentación de proxectos remata o vindeiro 28 de febreiro, e a execución das iniciativas está prevista para o período 2025-2029.