As Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria da USC chegan en outubro a Santiago

A iniciativa do Consello do Estudantado busca facilitar a integración, a participación e a formación do alumnado con obradoiros, charlas e dinámicas
As Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria da USC chegan en outubro a Santiago
As Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria achegarán ao estudantado espazos de aprendizaxe, diálogo e participación activa

A terceira edición das Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria, unha actividade que organiza o Consello do Estudantado para facilitar a integración e formación como parte activa da vida universitaria, terán lugar o  día 22 de outubro en Santiago de Compostela e 14 dese mes en Lugo.  

 

As xornadas están especialmente pensadas para persoas de primeiro e segundo curso, pero están abertas a todo o estudantado da USC, xa que os contidos e actividades poden resultar proveitosos para calquera persoa interesada en coñecer mellor a universidade. 

 

Ao longo de dous días desenvolveranse charlas, obradoiros prácticos, formacións e dinámicas participativas arredor de temas clave como os dereitos do estudantado, a participación universitaria, a saúde mental, os primeiros auxilios, a carreira investigadora, as habilidades comunicativas, os recursos para o estudo e moitos outros contidos de interese. Ademais, contarase coa colaboración de diversas asociacións universitarias.

 

Dende o Consello do Estudantado, destacan que durante as xornadas as faltas de asistencia a clase estarán xustificadas. Ademais, entregarase certificado de participación e o desprazamento e a comida de ambos os días estarán cubertos.

As Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria da USC chegan en outubro a Santiago

Te puede interesar