Intelixencia artificial e dereitos humanos: unha conferencia para pensar fóra da caixa

O 25 de setembro o ciclo "Pensarmos", do Consello da Cultura Galega, propón unha reflexión sobre posverdade, fascismos dixitais e tecnopersoas da man de Carlos Varela
Intelixencia artificial e dereitos humanos: unha conferencia para pensar fóra da caixa
Carlos Varela convida a desacelerar, compartir ideas e cuestionar un mundo hiperconectado

O ciclo "Pensarmos" volta o 25 de setembro, ás 18.00 horas, coa intervención do fiscal Carlos Varela, quen dialogará co avogado Xoán Antón Pérez Lema, na conferencia "Dereitos humanos: o impacto da intelixencia artificial" no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar).

 

A sesión abordará fenómenos de actualidade como a posverdade, os fascismos dixitais, a aparición de tecnopersoas, a precarización da vida, perda de liberdades, deterioro medioambiental ou o poshumanismo, termos que se van incorporando ao vocabulario social e intelectual para dar así explicación a unha realidade convulsa

 

O ciclo, iniciado en 2019, procura crear un espazo compartido para a reflexión pausada, fronte á inmediatez das redes sociais e á demanda de respostas rápidas a problemas complexos. A iniciativa promove un tempo de encontro, diálogo e análise crítica arredor de cuestións como feminismo, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo, sempre coa vocación de “atreverse a pensar” como pequeno exercicio de liberdade cotiá.

 

As charlas contan coa participación de integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega e do público asistente, co obxectivo de favorecer un intercambio aberto de ideas e perspectivas.

Intelixencia artificial e dereitos humanos: unha conferencia para pensar fóra da caixa

Te puede interesar