Así será a Festa do Banquete de Conxo | Programación completa e orixe da tradicional celebración compostelá

Os festexos darán comezo a tarde deste venres e se prolongarán sen pausas ata a noite do domingo
Así será a Festa do Banquete de Conxo | Programación completa e orixe da tradicional celebración compostelá
Tren da Festa do Banquete

Un ano máis, os preparativos para celebrar a clásica Festa do Banquete de Conxo rematan e, con eles, só queda pendente culminar as expectativas dunha veciñanza desexosa de realización recreativa.


Na presente edición, ao igual que fixo coa Ascensión, o Concello amosou claros esforzos por deseñar unha programación desfrutable para todos os públicos.

 

Unha celebración conmemorativa


Cabe lembrar que se trata dunha festividade que conmemora a xuntanza que mantiveron estudantes liberais e traballadores da clase obreira no ano 1856 na carballeira do antigo mosteiro.

 

Mural conmemorativo do Banquete de Conxo
Mural conmemorativo do Banquete de Conxo


Nela participaron figuras como Eduardo Pondal e outras figuras fundamentais para o Rexurdimento da cultura galega.


Actividades para todos os públicos


As festas abrirán este venres ás 17.30 horas con ‘As voces do bosque', un percorrido literario da man de Quique Alvarellos no que se lembrarán a autores que escribiron sobre o bosque.

 

1683996498IMG 20230513 184333 338
A actividade 'As voces do bosque' en 2023


Ao rematar, terá lugar un scape room que ten como finalidade coñecer en familia os detalles do fito histórico que enaltece a celebración.


Xa o sábado organizaranse diferentes obradoiros e talleres divulgativos relacionados coa observación da natureza. 


Todos eles serán de mañá, e quedarán inaugurados desde as 09.30 horas.


A xornada rematará ás 21.00 horas coa Festa da Poesía que conducirá Lorena Conde na Praza de Aurelio Aguirre.


O domingo, día grande, procederase á lectura do pregón das festas a cargo de María Luísa López Otero ás 12.45 horas.


Ao seu remate, iniciarase o desfile e a recreación teatral do Banquete na carballeira do mosteiro, actividade nuclear á que sucederán outros espectáculos.


A festividade despedirase ata o ano que vén co concerto de O Sonoro Maxín ás 20.30 horas. 

 

 

 

 

Programación completa por horas

 

A programación completa e por horas é a seguinte:

 

Venres 24 de maio

  • 17.30 h «As voces do bosque». Un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo guiado polo editor e escritor Quique Alvarellos onde se lembrará as autoras/es que escribiron sobre o bosque ou no bosque, dende o século XII ata o XX. Adaptado a todos os públicos Inscrición: rutabanquete@santiagodecompostela.gal.
  • 18.30 h Obradoiro de baile tradicional a cargo da Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos. Poderanse adquirir competencias básicas no achegamento á danza tradicional galega, con acompañamento de música en directo de pandereiteiras, onde se aprenderán puntos para a danza de ritmos tan populares como a xota ou a muiñeira. Actividade aberta ao público en xeral sen inscrición previa. Praza de Conxo.
  • 19.00 h / 20.45 h Scape room Banquete de Conxo. Aproveitando a riqueza natural que nos ofrece a contorna do Bosque do Banquete desenvolveremos esta actividade onde o noso principal obxectivo será coñecer en familia a historia e recursos naturais que o rodea. Con probas e xogos divertidos os participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este fito histórico. Grupo máximo de 10 persoas por quenda (cada menor poderá acudir acompañado dun adulto). Idade recomendada de 7 a 14 anos. Inscrición desde o 15 ao 22 de maio no CSC de Conxo.
  • 19.30h Obradoiro de cantos de taberna a cargo de Muiñeiros do Sarela. CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
  • 21.00 h Cantos de taberna nos bares do barrio. Coa participación dos grupos de Santiago Esfolladores, Colexiata de Sar, Muiñeiros do Sarela, Devagariño, Sapamamas, Son da illa, Cantamadeira e cantador@s de recandea. Os cantos terán lugar nos bares Caimán, A Chara, Alquimia, Barrigola, Marló, os Mallos, Meiga e a cantina da  comisión. Actividade coordinada por Muiñeiros do Sarela.

Sábado 25 de maio

  • 9.30 h /11.30 h Taller de observación de aves. Grupo máximo 10 persoas por quenda. Idade mínima 8 anos. Será preciso levar prismáticos. Non se permiten animais de compañía. Dirixido por Rosa Fernandez, bióloga e experta en fauna. Inscrición por orde de solicitude a través do correo electrónico observacionaves@santiagodecompostela.gal. Punto de partida: Lagoa de Cornes.
  • 10.00 h /11.00 h Taller de baños de bosque. Grupo máximo 16 persoas por quenda. Idade mínima 18 anos. Non se permiten animais de compañía.  Dirixido por Merche Palomino, Coach corporal, guía de baños de bosque (Forest Therapy Institute) e MBSR (Mindulness Based on Stress Reduction).  Inscrición por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal. Punto de partida: Carballo do Banquete de Conxo.
  • 11.00 h Ruta dos muíños. Dirixida por Patricia Fernández, directora do proxecto “Restauración río Sar”. Incluíndo visita e exhibición do funcionamento do muíño do Mourullo (Multiúsos de Sar) ás 12.00 h. Punto de partida: Entrada da senda do Sar no Túnel do Camiño Francés  (O Tangueiro). Inscrición a través do correo electrónico muinos@santiagodecompostela.gal.
  • 11.00 h Carreira de orientación da Festa do Banquete. Proba non competitiva, con opcións e categorías para todas as idades e niveis e a posibilidade de realizar a proba de xeito individual ou grupal, favorecendo a participación de familias. A carreira transcorrerá polos terreos do propio bosque do Banquete. Actividade de balde con inscrición previa a través de www.xestanatureza.com.
  • 13.00 h Concerto de Boa Sunet. Banda residente do Centro Xove da Almáciga. Praza de Aurelio Aguirre.
  • 18.00 h “Libros, mente e saúde”.  Mesa redonda. Conducida por Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga clínica no Hospital Psiquiátrico de Conxo e coa participación de Xurxo Alonso, Antía Yáñez e Montse Fajardo. Autores/as e profesionais debaterán sobre saúde mental utilizando como fío condutor os traballos literarios recentemente editados. Cartas de Conxo de Xurxo Alonso, Rotas de Montse Fajardo e No pienses en un elefante rosa de Antía Yáñez. Claustro do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
  • 18.30 h Circanelo da Compañía N+1. Actuación para público familiar. Praza Central de Conxo.
  • 19.00 h Canto Fraterno. Coa participación do Coro do Psiquiátrico de Conxo dirixido por Ángel Casillas; Coro Santa Susana dirixido por Marcos Mato Collazo; Coro de Habaneras Rocha Forte dirixido por Sebastián Fernández  Tapia; Coro Crecente de Voces Graves dirixido por Francisco Xavier Freire  Chico; Coro Amigos do Castiñeiriño dirixido por Iolanda Eiras: Grupo Pena  Maior de Marrozos dirixido por Ana Tejo e Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar dirixido por María Xosé López. Conduce: Manuel Abraldes Director do Coro Encaixe. Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo. 
  • 21.00 h A Festa da Poesía . Conducida por Lorena Conde. Coa participación musical de Filloas, Ash Diz e C Mirazo e as poetas Sara Porto Puente, Diana Kurich, Branca Trigo e Marta Dacosta. Praza de Aurelio Aguirre.

Domingo 26 de maio

  • 11.00 h “Alá van estudantes e artesás”. Desfile teatral desde a praza do Toural até Conxo. Dirixen. Os Quinquilláns. Participan. Os Quinquilláns,  Brigadas Teatrais de Catoira, As Superactivas do CSC de Santa Marta, Teatro do Muíño (Laraño), Teatro do Solpor (Vite), Clube Mozo e Veciñanza Activa do CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Teatro Mediogüevo, Asociación Aspas, Mercedes Espiño, música de rúa Os Farrapos, Coro A Oliveira, Grupo de Teatro da Casa da Muller do Couto. Acompañamento musical de Luís, O Caruncho.
  • 12.00 h Concerto Let’s folk! do grupo Suzukiños. Jigs, muiñeiras, pasodobres, temas folk irlandeses, galegos e celtas da man dos Suzukiños, banda na que participan nenos/as de violín, viola e violonchelo que están desenvolvendo a súa traxectoria musical con Método Suzuki da escola En Clave Método Suzuki. Praza de Aurelio Aguirre.
  • 12.45 h Pregón da Festa do Banquete a cargo de María Luísa López Otero, veciña de Marrozos. Praza de Conxo.
  • 13.00 h “Baixamos ao bosque do Banquete” Continuación do desfile teatral até a carballeira de Conxo. Os Quinquilláns acompañados polo grupo Os Fondaos do Pífaro, Os Gaiteiros de Conxo e diversos colectivos. 
  • 14.00-19.00 h Fotocol. Mosaico de Conxo.
  • 14.15 h Benvida e recreación teatral do Banquete de Conxo. Os Quinquilláns. Carballeira de Conxo.
  • 15.00 h Xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños. Carballeira de Conxo.
  • 16.30-19.00 h Pasarrúas e espectáculo “Transhumancia sonora” de Paporrubio.  Carballeira de Conxo. Un grupo de simpáticos animais “cabezudos” formado por un porco, unha vaca e un burro van acompañados de dous músicos ao longo dun percorrido por entre os asistentes ao Banquete.
  • Instalación e animación con Xogos Paporrubio . xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna e que este ano nos acompaña na nosa Festa do Banquete como principal protagonista.
  • 17.00 h Serán da fraternidade. Foliada de música tradicional con Os Fondaos do Pífaro, Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de Cantos de Taberna Contedores de Recandea, Muiñeiros do Sarela e Asociación Pena Maior de Marrozos. Carballeira de Conxo.
  • 20.30 h Concerto de O Sonoro Maxín na praza de Aurelio Aguirre.

 

O tren da Festa do Banquete

 

Pola súa parte, o famoso tren das festas operará ao longo do sábado 25 e domingo 26 nos seguintes horarios:

 

Sábado 25 maio
· Parada Aurelio Aguirre [Parque da Alameda]
11.00, 12.00, 13.00, 17.00*, 18.00*, 19.00*, 20.00* hrs.
· Parada Luis Rodríguez Seoane [Rúa do Campo de Conxo]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.
· Parada Rosalía de Castro  [Praza de Martín Herrera]
11.30, 12.30, 13.30, 17.30*, 18.30*, 19.30*, 20.30 hrs.
· Parada Eduardo Pondal [Rúa da Carreira do Conde]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que a anterior.

Domingo 26 maio
· Parada Aurelio Aguirre [Parque da Alameda]
11.00*, 12.00*, 13.00*, 17.00, 18.00, 19.00 hrs.
· Parada Luis Rodríguez Seoane [Rúa do Campo de Conxo]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.
· Parada Rosalía de Castro  [Praza de Martín Herrera]
11.30*, 12.30*, 13.30*, 17.30, 18.30, 19.30 hrs.
· Parada Eduardo Pondal [Rúa da Carreira do Conde]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que a anterior.

 

Banquete 1
Tren da Festa do Banquete

Así será a Festa do Banquete de Conxo | Programación completa e orixe da tradicional celebración compostelá

Te puede interesar