Curves Santiago Norte: máis de dez anos adestrando a mulleres fortes e seguras

O ximnasio situado na rúa do Tomiño ofrece un plan de exercitación física en tan só trinta minutos adaptado á anatomía feminina e facendo uso de máquinas hidráulicas
Curves Santiago Norte: máis de dez anos adestrando a mulleres fortes e seguras
De esquerda a dereita, Salomé, Dani e Lucía, adestradores de Curves Santiago Norte

Que o deporte é saúde é un saber xeral. Iso non quita que se nos ocorran multitude de xustificacións para non practicalo: falta de tempo, poucas ganas, prezos elevados nos ximnasios…

 

A iso hai que sumarlle a presión a que se somete á poboación para estimulala a facer deporte. A promesa dun corpo perfecto ou a maneira de encaixar na sociedade parecen ser os principais motivos que un debe ter para deixar de lado a vida sedentaria. 

 

Isto induce a danos na autoestima de moitas persoas, especialmente mulleres, ás que lles custa ver a actividade física como o que realmente é: unha maneira de levar unha vida saudable, de previr doenzas físicas e mentais, de darlle ao corpo a actividade que necesita. 

 

Nada que ver coa creación dunha obsesión coa aparencia, que non fai máis que agravar a frustración de quen nunca consigue acadar ese tan ansiado coma irreal canon de beleza.

 

Por todo isto son necesarios máis que nunca espazos que fuxan de tal ambiente tóxico, que abracen a condición persoal de cada un sen prexuízos, e que se esmeren por ofrecer unha atención personalizada atendendo ás necesidades e obxectivos de cada persoa.

 

Xunto a onde antes se atopaba a estación de autobuses de Compostela, na rúa do Tomiño, atópase Curves Santiago Norte, un ximnasio feminino que avoga por ofrecer unha contorna segura para todas aquelas mulleres que queren mellorar o seu benestar físico e mental.

 

Método único e efectivo

 

Curves é unha marca global de fitness feminino que segue un método propio de adestramento. Aínda que nace nos Estados Unidos nos anos noventa, o seu éxito pronto fai que aterre en Europa abrindo varias franquías en diferentes cidades. Santiago de Compostela conta con dúas delas, aínda que en toda Galicia chegou a haber sete.

 

O local da rúa do Tomiño leva en activo desde o 2011 e ten o obxectivo de “fortalecer a las mujeres en un ambiente de apoyo en el que se sientan cómodas, de forma eficaz y rápida”, segundo conta unha das adestradoras, Lucía. 

 

El objetivo de Curves es fortalecer a las mujeres en un ambiente de apoyo en el que se sientan cómodas, de forma eficaz y rápida

 

Neste ximnasio existe unha comunidade de usuarias con obxectivos similares dentro da súa variedade. O método Curves está especialmente enfocado no corpo da muller e na súa tonificación, polo que o seu seguimento resulta en definición corporal, aumento de forza, baixada de peso, queima de graxa, aceleración do metabolismo, aumento da flexibilidade, liberación de estrés e prevención de enfermidades

 

Con máquinas hidráulicas

 

Curves non ten nada que ver cun ximnasio convencional. O seu elemento diferencial son as máquinas, deseñadas para a anatomía feminina. 

 

Curvescircuito
Circuíto de adestramento con máquinas hidráulicas

 

Estas non funcionan con pesos, senón que se aproveitan da resistencia hidráulica de xeito que é a propia máquina a que se adapta ao nivel de condición física de cada muller.

 

Así mesmo, o método Curves baséase nun circuíto de adestramento. En total hai once máquinas nas que se está durante trinta segundos, cun tempo de recuperación doutros trinta. 

 

Combínase o adestramento de forza co cardiovascular. Algunhas das máquinas, as que son dobre positivas, adestran dous músculos opostos. Ao final o circuíto (que se fai dúas veces) téñense exercitado todos os músculos do corpo.

 

En trinta minutos

 

O método Curves está pensado para realizar un adestramento de trinta minutos, polo que é ideal para aquelas mulleres que dispoñen de pouco tempo por motivos laborais ou familiares.

 

Os trinta segundos que se pasan en cada máquina son moi efectivos porque o obxectivo é sobrecargar o músculo. A resistencia oposta dificulta pasar máis tempo nelas, xa que se leva a propia resistencia ao máximo nivel.

 

Curvesestiramientos
Máquina de estiramentos

 

Para levar un control do adestramento en todo momento hai, cando menos, unha adestradora no circuíto que ten a función de corrixir posibles erros no uso das máquinas e guiar ás usuarias. 

 

Ademais, son elas as que se encargan de dar patróns de exercicios que se deben seguir para conseguir segundo que obxectivos, así como de ofrecer pautas de alimentación se alguén o requirise.

 

A maiores, un elemento diferencial de Curves Santiago Norte é que organizan clases semanais de zumba, body basics, body balance e boxing. En días alternos as usuarias poden facer cambios na súa rutina de exercicios para incorporar novas actividades coma estas que supoñen un plus ao adestramento cardiovascular. 

 

La acogida siempre es buena, nuestras usuarias están encantadas con el ambiente y se sienten cómodas y seguras

 

Curves Santiago Norte, pola súa localización, non é un ximnasio co que un viandante se atope por casualidade. Con todo, segue a pé de canón grazas ao boca a boca, pois as mulleres que o proban adoitan recomendalo. 

 

Nisto ten moito que ver o ambiente que fomentan desde a franquía. As adestradoras, que tamén son monitoras, son o apoio fundamental das socias e esméranse por xerar unha relación próxima con elas, así como por darlles seguridade e guialas en todo o proceso. 

 

Hoxe son catro os profesionais de Curves Santiago Norte: Lucía, Salomé, Ainhoa e Daniel. Coñecen o nome de todas as usuarias, saben cales son os obxectivos de cada unha e traballan día a día cun sorriso coa fin de encher de motivación a todas as mulleres.

 

As propias socias crean comunidade entre elas, independentemente da idade, que é moi variable. Na mesma sala pode estar unha rapaza de dezaoito anos e outra de corenta: “la gente suele venir en el mismo horario y al final acaban haciendo piña”, indica Lucía.

 

Curvesmotiva
Unha mensaxe motivadora nas paredes de Curves

Curves Santiago Norte: máis de dez anos adestrando a mulleres fortes e seguras

Te puede interesar