‘Epidemia Invisible’: o proxecto da productora compostelá Aboa conquista o Carballo Interplay

A docuserie impulsada por Aboa Produtora, con sede en Sigüeiro, recibirá 3.000 euros para a súa produción e estrearase na próxima edición do festival de contidos dixitais
‘Epidemia Invisible’: o proxecto da productora compostelá Aboa conquista o Carballo Interplay
O responsable da productora Aboa e xornalista compostelan, Roman Varela (O Pino, 1999), recolleu o premio

O festival Carballo Interplay pechou a súa XII edición cunha aposta firme polo audiovisual con conciencia social. O premio ao Mellor Proxecto en Desenvolvemento foi para ‘Epidemia Invisible’, unha serie documental que mergulla na realidade da saúde mental en Galicia e que vén da man da productora Aboa, con sede en Sigüeiro, e un equipo encabezado polo xornalista Román Varela (O Pino, 1999) e o filmaker Alberto da Silva (As Pontes, 1998).

 

O galardón, dotado con 3.000 euros, recoñece o potencial desta proposta que mestura testemuñas en primeira persoa con investigación xornalística. A serie busca rachar co silencio e os estigmas arredor das enfermidades mentais cunha linguaxe accesible e unha perspectiva interseccional, dándolle voz ás persoas afectadas e reivindicando a importancia de falar sen tabús sobre unha realidade cada vez máis presente na sociedade galega.

 

 

Durante a sesión de pitching, o equipo de Aboa Produtora presentou nunha intervención de dez minutos as claves do proxecto, competindo con outras cinco propostas finalistas. O xurado —formado por Xosé Regueira, Sonia Méndez e Bea Saiáns destacou a maneira na que Epidemia Invisible “aborda unha problemática contemporánea cunha clara exposición argumentativa desde diferentes puntos de vista”.

 

Aboa2
Xosé Regueira, Román Varela e Alberto Da Silva. Foto de Aigi Boga

 

Román Varela agradeceu o recoñecemento e explicou que “se trata dunha idea que levaba tempo nas nosas conversas, e atopamos no Carballo Interplay a oportunidade de ter ese primeiro impulso necesario para un proxecto tan ambicioso e que involucra a toda a sociedade”. En nome do equipo, composto por sete profesionais de ámbitos como o audiovisual, a investigación e a lingua, destacou tamén a “boa acollida” da proposta e o apoio recibido.

 

 

O premio á Mellor Produción do Carballo Interplay busca apoiar proxectos dixitais en galego en fase de desenvolvemento e fomentar a creación audiovisual orixinal desde Galicia. A estrea de ‘Epidemia Invisible’ está prevista para a edición de 2026 do festival, e promete ser un dos contidos máis esperados dun evento xa consolidado no panorama estatal.

‘Epidemia Invisible’: o proxecto da productora compostelá Aboa conquista o Carballo Interplay

Te puede interesar