Na escena cultural galega o seu nome soa con forza: Martín Mondragón, máis coñecido como Mondra, é cantareiro e bailador, pero tamén unha das voces máis innovadoras á hora de reinterpretar a tradición.
Nado en Teo no ano 2000 e veciño de Compostela, Mondra é xa un referente da música galega contemporánea e un dos axentes culturais máis recoñecidos da cidade.
Agora pasou polo Compostest, o noso xogo de preguntas rápidas que busca descubrir como viven Santiago as súas figuras máis destacadas.
Aquí podes ver o vídeo completo: