O Pino inaugura o mural gañador do I Concurso de Murais, obra do artista madrileño Miguel Nieto

A peza, titulada ‘Do día á noite, Festa do Galo Piñeiro’, poderá verse no espazo de lecer ecolóxico da rúa do Concello
O Pino inaugura o mural gañador do I Concurso de Murais, obra do artista madrileño Miguel Nieto
Nieto, natural de Madrid, suma con esta peza o seu terceiro mural tras anteriores traballos na Facultade de Belas Artes e en Tubilla del Lago (Burgos)

O Pino inaugurará este venres, 29 de agosto, o mural Do día á noite, Festa do Galo Piñeiro, realizado polo artista madrileño Miguel Nieto, gañador do I Concurso de Murais organizado con motivo da Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese Turístico de Galicia. A obra, situada no espazo de lecer ecolóxico da rúa do Concello, converterase nun novo punto de encontro para a veciñanza e de paso para milleiros de peregrinos do Camiño de Santiago.

 

A obra e a súa inspiración

O mural representa a transición do día á noite a través dun galo que anuncia o amencer e uns caballos que simbolizan a festa, nun movemento que avanza ata a chegada da escuridade. “É unha sucesión, un movemento que avanza co paso do tempo ata chegar á noite. Do día á noite”, explicou o autor, que recibirá un premio de 2.000 euros e 150 euros adicionais para o material empregado.

 

Nieto, natural de Madrid, suma con esta peza o seu terceiro mural tras anteriores traballos na Facultade de Belas Artes e en Tubilla del Lago (Burgos). A súa proposta foi escollida polo xurado pola vinculación coa vida rural do municipio, pola representación da súa identidade cultural e pola orixinalidade e uso da cor.

 

O certame e o acto inaugural

Na primeira edición do concurso participaron oito artistas de diferentes localidades españolas. O xurado estivo presidido polo alcalde do Pino, Manuel Taboada, e contou coa presenza do concelleiro José Fuentes, dos artistas Cándido Pazos e María Cruz Piñeiro, e de Manuel Rodríguez como secretario.

O Pino inaugura o mural gañador do I Concurso de Murais, obra do artista madrileño Miguel Nieto

Te puede interesar