A plataforma "Por un monte galego con futuro" convoca para este xoves manifestacións en todas as cidades e comarcas galegas para dar visibilidade á onda de incendios que se está a vivir no territorio, especialmente en Ourense.
Baixo o lema "A política forestal do PP queima os nosos montes e as nosas casas", en Santiago poderá participarse nestas movilizacións na Praza Roxa ás 20.00 horas. Tamén poderán movilizarse dende o resto de cidades galegas: Coruña (Obelisco), Ferrol (Edificio Xunta), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Edificio Xunta), Vigo (Farol de Urzaiz) e Ourense (Praza Maior).
En canto aos municipios Vilagarcía de Arousa (Concello), Betanzos (Praza da Constitución), Cangas, (Concello), Carballo (Concello), Noia (Concello), Ribadeo (Concello), Ribeira (Concello), Viveiro (Praza Maior), Allariz (Campo da Barreira) e O Porriño (Multiusos de Torneiros) fóronse sumando a unha lista que continúa en aumento.