Santiago trae unha semana de cultura con concertos e encontros artísticos

A mostra sobre performance no Auditorio complétase con novas actividades, mentres a Banda de Música e a Real Filharmonía levan a súa música ás prazas e barrios da cidade.
Santiago trae unha semana de cultura con concertos e encontros artísticos
Detalle da publicación que será presentada o 16 ás 19.00 horas no Auditorio de Galicia

Como cada semana, a oferta cultural de Santiago de Compostela é variada e está chea de actividades para o tempo de lecer. Nesta ocasión, as persoas poden continuar visitando a mostra "Facémolo co corpo. A performance é cousa de mulleres", que está disponible no Auditorio de Galicia ata o 28 de setembro. 

 

Ademais, en relación con esta mostra na que se recolle o traballo dun importante número de artistas relacionadas ca historia da performance, o 16 de setembro o Auditorio de Galicia acolle a presentación dunha publicación relacionada con esta ás 19.00 horas

Dsc00558 0
A Real Filharmonía de Galicia presentará dúas actuacións

 

O xoves 18 de setembro ás 19.30 horas, na praza das Praterías, a Banda de Música de Santiago de Compostela ofrecerá o concerto "Da Senra á Porta do Camiño" con Casiano Mouriño Maquieria como director. Ademais, a banda tamén dará  o concerto "Festas no barrio de Fontiñas" o domingo 21 de setembro ás 13.00 horas

 

Seguindo co universo musical, a Real Filharmonía de Galicia presenta dúas actuacións de "Concertos nos Barrios". Unha delas tamén o xoves ás 19.30 horas no Centro Sociocultural de Santa Marta e a outra o venres 19 á mesma hora pero na igrexa de Santo Agostiño. Ambas son de entrada libre. 

Santiago trae unha semana de cultura con concertos e encontros artísticos

Te puede interesar